Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Enrique Rozas

lunes, 15 de abril de 2019
Circula por Lugo, e supoño que por todos os pobos ou cidades de tipo medio, nos que todos coidamos coñecer a todos, un conto que vai cambiando de protagonista segundo proceda, para destacar a popularidade dunha persoa.

En tempos, o centro desa historia era o crego e coengo da Catedral, don José Ferro (poderosa voz e rotunda personalidade), e contábase que Ían polo Vaticano o Papa e don José Ferro, e a xente cando pasaban, preguntaba ¿Quen será o señor do hábito branco que vai con don José Ferro?.

En Lugo, agora, podía pasar algo parecido… Se viñesen acó o Presidente do PP, Pablo Casado e o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e paseasen pola Praza ¡Maior na compaña de Quique Rozas, a historia podía ser: Quen serán eses dous señores que van pola Praza Maior acompañando a Quique Rozas?

E se o conto, habitualmente, esaxera o protagonismo dunha persoa, neste caso non sería unha esaxeración, e por se non estivera claro, hai uns días coincidín con Enrique Rozas diante do Concello, e mentras falaba con el non deixaban de pasar lucenses ao noso lado que o animaban, pedíanlle que non se fóra, dicíanlle que moi ben feito, ou reafirmaban a súa amizade.

Sen dúbida, neste caos preelectoral que agora é Lugo, o gran protagonista foi días pasados Quique Rozas, polo traballo calado durante moitos anos, pola súa presencia sempre onde coidou que debía estar, porque se vai cansado de estar onde non parece ter sido comprendido e menos valorado, e porque prefire a “descansada vida do que foxe do mundanal ruído”, buscando a paz familiar, deixando a guerra para os que teñen gana de loita.

Sempre se dixo que cando un non quere, dous non reñen. E vai resultar que é verdade…e cando hai posicións encontradas, pode haber vencedores e vencidos, pode haber empate cando os contendentes se poñen de acordo, pero cando alguén se retira para non ser obstáculo para os demais, canso de loitar, canso de traballar, poñendo ao mal tempo boa cara, ese é o vencedor, aínda que non houbese batalla; por non orixinar guerra. E os lucenses seguiremos preguntándonos quen son aqueles que pasean ao lado de Quique Rozas, por moi coñecidos que os que o acompañemos poidamos resultar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES