Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Para Camilo Gómez Torres (Coordinador de Xistral)

martes, 16 de abril de 2019
Camilo da luz e da emoción,
do bo facer e da razón.
Grazas por esta andadura,
arreo dos vieiros acochados
da túa alma de vereas poéticas,
onde a beleza se funde nas alturas
deste noso monte chairego derradeiro, (O Xistral)
e nel apertas a Manuel María
e abres as mans e ceibas os brazos
nunha comuñón íntima coa Terra e con nós,
onde se funde a nosa luz coa luz do mar,
onde a palabra sabe a íntimo
entre as abas da creación,
onde nacen os ríos da esperanza
e a choiva e a neve se cobren de beleza
e a palabra rememora sentimentos
cando acadamos o cume,
que será sempre a cima do noso sentir
nesta Serra da Creación Poética do XISTRAL.

Grazas “ex corde”.

(Poema lido na presentación do Nº 21 de Xistral o día 28-03-2019 na Sala de Plenos do Concello de Lugo, e dedicado ao seu Coordinador, que durante 18 anos fixo realidade a petición de continuidade da revista, formulada polo seu creador, o poeta Manuel María.)
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania