A montaña do Caurel
López Quiroga, Germán - martes, 16 de abril de 2019
Parabens Courel: Con tal galardón da UNESCO como XEOPARQUE MUNDIAL, ocórreseme amosar unha poesía que lle dediquei a "A MONTAÑA DO CAUREL" publicada no libro de Poetas da Ribeira Sacra "LATEXOS DA TERRA", e tamén na Revista do Caurel "Fonte do Milagro", por sentir paixón por esas terras paradisíacas da natureza.
Á MONTAÑA DO CAUREL
Terra fera e brava acugulada de montes
Con uces, onde acougan os lobos,
Garrida como eles, como a galega raza,
¡Deus me dé a montaña!
Co seu contino orballo,
Coas xestas molladas
Coas carqueixas verdes
Coas leiras de carballo
Cos toxos amarelos
Coas chousas e ca braña
¡Ai Caurel cómo relouco!,
Cando en ti me vexo
Máis desexo non deixarte,
E non pestanexo.
Serra onde se gardan as verbas
Onde a maxia fala feiticeira
Onde resoa a muiñeira
Onde María Mariño foi Costureira
¡Ai! do Caurel a montaña
A castaña, e o mel,
¡Ai! montaña do Caurel:
¡O mellor rincón de España!
López Quiroga, Germán
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora