Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mudar de necesidade, mudar de costumes

miércoles, 24 de abril de 2019
Levo tempo observando o problema do plástico e buscando opcións para substituílo e reducir a súa presenza no cotiá. Para min resulta un pouco complicado, por exemplo, no tocante aos recipientes pois se ben recoñezo que é moito máis agradable beber do cristal, para min o plástico suponme unha certa autonomía ao non haber risco de ruptura. Aínda así, resulta evidente que o plástico estase convertendo nun arma de dobre fío para a humanidade xa que está acabando coa vida dos océanos, entre outros danos que ocasiona ao medio ambiente.

Un, que non sabe moito destas cousas, bota a vista atrás e lembra como nos oitenta se gardaban todas as botellas de cristal reciclándoas para levar calquera tipo de alimento. Os utensilios eran de madeira ou de metal, facíanse na casa e tiñan unha vida que a miúdo superaba xeracións. Chegou o plástico e invalidounos por comodidade; é dicir, moitas veces esquecemos que o mundo ecolóxico estaba na vida dos nosos avós e que só temos que recuperar certas costumes que non supoñen atraso, senón conservar en bo estado o medio ambiente que nos legaron para vivir e que debemos legar intacto. Non sei se isto é posible pero polo menos imos intentar remendalo no que poidamos. Non custa nada ir á compra cunha bolsa de tea, non custa nada utilizar recipientes de vidro que a miúdo conservan mellor o líquido. Todo é posible, ata un mundo mellor só con mudar pequenos hábitos.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES