Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que non cansen os ánimos!

jueves, 18 de abril de 2019
Todos aspiramos a ter un bo nivel de vida.
Semprefoi así
É natural.

Pero a vida non é un camiño de rosas.
A vida presenta moitas dificultades.
É dura pero merece a pena sacrificarse para seguir adiante.

Moitas veces encontramos obstáculos que nos resultan moi difíciles de superar; pero non queda outra: hai que superalos.
NON PODEMOS DESANIMARNOS.

A infancia necesita ánimos para empezar a súa andaina: ten moito que aprender.
A xuventude, aínda máis porque necesita unha preparación concienzuda para ser unha persoa de proveito e labrarse un porvir, fundar unha familia...

Pero cando chega a idade adulta:
-¿QUÉ PASA CANDO NOS VEMOS NA SITUACIÓN DE PAIS OU NAIS DE FAMILIA?
Penso que aínda resulta máis difícil acertar coa fórmula idónea…

¿Non era máis doado obedecer que mandar?
Si, pero cando hai que mandar: ¡hai que mandar!
¡E hai que saber mandar..!
Hai que sacar forzas aínda que sexa de debaixo das pedras.
¡Só faltaría!

-¿QUÉ PASA CANDO ESTAMOS Ó CARGO DUNHA EMPRESA EXERCENDO DE XEFES?
Que a situación tamén é complicada, porque “nunca chove a gusto de todos”.
Se decaen os ánimos do/a xefe, malamente, e se decaen os ánimos do personal laboral, peor aínda.

A empresa ten que producir.
Xa din alí:
“O que ten tenda que a atenda e se non que a venda.”

-¿QUÉ PASARÁ CANDO SE TEN QUE LEVAR O TIMÓN DUN PAÍS OU DUNHA COMUNIDADE DE PAÍSES?
Os ánimos teñen que estar máis altos que nunca.
Da capacidade e das habilidades do “timonel” dependerá o rumbo que tome a embarcación.
Nesa embarcación viaxamos todos e ninguén quere naufragar.
Todos queremos chegar a bo porto.
Polo tanto todos temos a nosa parte de responsabilidade.
Os ánimos ben altos, sempre son necesarios.
Os ánimos altos si; pero os pés na terra, tamén.

SON MOITAS AS PERSOAS QUE QUEREN ” LEVAR O TIMÓN”.
Porque é ben certo que hai persoas con moita capacidade, moi ben preparadas, coa cabeza moi serena e equilibrada e con capacidade de servizo para rexir os destinos dun país.
Pero aínda así…
Cómpre que non lles cansen os ánimos, porque obstáculos vanos atopar.

Que non cansen os ánimos dos gobernantes é moi necesario; pero tamén é moi necesario que non decaían os ánimos na cidadanía.

A cidadanía sempre cos ánimos altos e os ollos ben abertos para que” non nos metan gato por lebre”.

Estamos chamados a avanzar e avanzaremos.

Teremos que estar abertos a moitos cambios porque os tempos que corren así nolo “pintan”.
Cambios si, pero…
Non todo é cambio

“NON TODO É CAMBIO”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania