Lembranza de Pilar Vázquez Cuesta
Rodríguez Porto, Ramón - lunes, 15 de abril de 2019
Chantada perdeu a sua meirande intelectual, Pilar Vázquez Cuesta que finou en Santiago de Compostela ós 93 anos de idade.
Vázquez Cuesta naceu en Chantada o 25 de abril de 1926. Filla de Daniel Vázquez, diputado nas Constituíntes de 1931 pola ORGA e que conta cunha rúa na vila. A súa nai, Modesta Cuesta, a primeira muller licenciada en Farmacia na Universidade de Santiago.
Pilar Vázquez cursou Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid, na que se licenciou con premio extraordinario no ano 1946, doutorándose en 1961 coa tese "El concepto de España y de los españoles en la literatura portuguesa del siglo XIX", calificada con sobresaliente "cum laude". No ano 1956 gañou por oposición a cátedra de portugués da Escola Superior de Comercio de Madrid. No ano 1976 conquire a praza de agregada de Lengua e Literatura Portuguesa da Universidade de Salamanca, da que foi catedrática dende 1982. Foi tamén a primeira catedrática desta especialidade na Universidade de Santiago.
Ademáis da súa laboura docente e investigadora, Pilar Vázquez Cuesta adicou a súa vida e difusión da cultura luso-brasileira en España e da cultura galega fora da súa demarcación xeográfica.
Participou en numerosas conferencias e congresos e traduciu o castelán varios autores brasileiros como Bandeira, Drummond ou Schmidt e portugueses como Torga ou Namora. Destacan tamén seus libros e seus traballos de investigación -máis de medio cento- publicados en diferentes revistas especializadas. Participou en diferentes obras colectivas como "Homenaje Universitario a Dámaso Alonso" ou "Historia de las literaturas hispánicas no castellanas", entre outras.
Na súa terra chantadesa a que acudía con certa periodicidade participou en diferentes charlas e conferencias e colaborou en diversas publicacións. Os seus restos descansan no cemiterio compostelán de Boisaca.

Rodríguez Porto, Ramón
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora