Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Licencias no aire

viernes, 21 de diciembre de 2007
Se toda a costa galega foi e aínda é terra de promisión para os construtores, o norte lucense, o concello de Barreiros en especial, é unha espectacular construcción colectiva, onde en cada solar xorde un bloque, sendo centos as vivendas que agardan pola man humana que saiba acariñalas e convertilas en fogar.

Certo que para que unha vivenda ou un grupo delas se constrúa, precísase unha serie de trámites perfectamente regulados, que van desde a existencia de solo urbanizable ata o proxecto dun arquitecto, pasando logo por unha licencia do correspondente concello que segue un camiño no que teñen que ver tanto os técnicos que informan sobre o proxecto e o lugar como os políticos que deciden a concesión de licencias.

En Barreiros hai agora mesmo trescentas corenta e cinco vivendas con licencias no aire, paralizadas pola Xunta de Galicia, e desde agora outras trescentas, dentro dos seis milleiros de autorizaciónns concedidas polo concello costeiro durante os anos 2005 e 2006.

Cada quen xoga nesto un papel, e trátase de xogalo con limpeza: Os promotores e constructores aproveitando ó máximo as posibilidades legais; os técnicos redactores de proxecto, axustándose a esas posibilidades; os técnicos dos concellos, vixiando o cumprimento das normas, e os políticos decidindo en base ós informes dos técnicos. Se esto é así, non ten porque haber o máis mínimo problema. Se non é así, algún eslabón dos dous últimos mencionados deixou de cumprir ás súas obrigas.

No aire, máis de seiscentas vivendas en absoluta inseguridade xurídica, a maioría delas xa vendidas cos conseguintes riscos para os que ningunha responsabilidade teñen no proceso: os propietarios que queren dispoñer dunha vivenda, temporal ou definitiva, na fermosa beiramar do norte lucense.

Hai arredor de medio século, en Barreiros - tentando promocionar o turismo interior - chegou o concello a facilitar solares gratuítos para os que construísen chalets como segunda residencia. O de agora, é a culminación do boom xenerado por aquela revolucionaria iniciativa.

Que a inseguridade actual se solucione, é absolutamente imprescindible para levar tranquilidade ós centos de propietarios, inocentes implicados nun proceso que tamén debera ser inocente, e sobre o que hai que botar moita luz.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES