Soñemos cun mundo mellor
jueves, 11 de abril de 2019
Los sueños, sueños son, según Calderón de la Barca.
Aínda que a vida é un soño; os soños son necesarios, porque se non soñamos con alcanzar algún obxectivo é que non temosaspiracións.
As aspiracións son necesarias porque con elaspoñemos a nosa mente en alerta.
Os soños, as aspiracións
despertan a mente.
Precisamos ver mentalmente a posibilidade de mellorar cada día para poder evolucionar.
¿QUÉ PODEMOS MELLORAR NOS MUNDOS QUE VIVIMOS?
Seguramente que moitascousas:
A PRIMEIRA CONSISTE EN MELLORARSE CADA PERSOA A SI MESMA.
Cómpre ter vontade de mellorar a nivel individual en primeiro lugar; se cada persoa non abra a mente a novas melloras, malamente.
Pero vexamosalgúns aspectos nos que debemos colaborar a nivel colectivo:
A familia é a célula base da sociedade. ¿Certo?
¿Cómo está a familia hoxe en día?
Non voufacerdistincións entre un e outro tipo de familia; pero vou pensar na familia en xeral.
AFORTUNADAMENTE SON MOITAS AS FAMILIAS QUE ESTÁN BEN FUNDAMENTADAS E QUE SABEN LEVAR CON ACERTO O TIMÓN DA VIDA.
Pero non todas acertan:
-Unhas din que é porque non acertaron á hora de elixiir a persoa indicada coa que convivir.
-Outras porque os tempos que vivimos son moi complicados.
-Outras que non se senten maduras para levar unha vida.
-Outras que pensan que hoxe en día todo vale
PENSO QUE TAMÉN HAI MOITA IRRESPONSABILIDADE.
Penso que non sempre está a solución en romper.
Antes de romper, haimoito que aprender.
APRENDER A CONVIVIR É UNHA ASIGNATURA PENDIENTE EN MOITOS CASOS.
Convivindo construimos sociedade.
Se se rompe a convivencia a nivel familiar, rómpesetamén a nivel social.
Debemos evitalo por tódolos medios ónoso alcance.
É BASTANTE HABITUAL NESTES TEMPOS QUE AS PARELLAS DEDIQUEN POUCO TEMPO A COÑECERSE.
Páranse moito en conseguir tódalas comodidades materiais: vivenda, coche, confort
Eso é importante, pero non é o máis importante.
Porque a vida de parella é moitomáis: cariño, fidelidade, compromiso, administración, respecto, responsabilidades compartidas, educación da descendencia como é debido
CERTO QUE OS TEMPOS ACTUAIS SON DIFÍCILES.
¿Cando non o foron?
¿Non se encontraron con moitas dificultades os nosospais e os nososavós?
¿Non loitaron por superalas?
SE TEMOS AS IDEAS CLARAS, AS DIFICULTADES SUPERÁMOLAS.
As familias que as teñen claras, saben o camiño que teñen que coller: VIDA HUMILDE E SENCILLA RESPECTANDO OS VALORES DE TODA A VIDA; sen crear necesidades supérfluas.
AS PERSOAS INMADURAS
teñen dúas opcións: aprender ou fracasar.
AS PERSOAS QUE PENSAN QUE TODO VALE, tampouco van acertadas.
Non cabe dúbida que precisamos familias comprometidas, MOI COMPROMETIDAS NOS TEMPOS QUE VIVIMOS.
Máis comprometidas que nunca, a ser posible.
¡TAMÉN NECESITAMOS MÁIS APOIO Á FAMILIA!
Apoio dos poderes públicos e apoiodos membros da familia, porque na familia é onde se aprenden os valores básicos: respecto, amor, comprensión, apoio mutuo, a compartir vivencias
Algo que debemos coidar con moitocariño e moitoesmero
Estamos á porta dunhas novas eleccións
Algo pasará.
Soñemos cun mundo mellor para facerfronte a unha nova etapa.
¡QUE NON CANSEN OS ÁNIMOS!
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora