Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Somoza

jueves, 25 de abril de 2019
Vexo a cotío a precariedade de moitas persoas, perda de emprego, búsqueda do mesmo dende hai tempo… Si, para certas delas esgótase o tempo e os ventos xélidos do exterminio alagan as temperanzas da alma e as ilusións de futuro. Isto é apocalíptico e non parece ter fin.

Estimadores lectores:
Pídolles desculpas por non posuír a intelectualidade necesaria para enfrentarme ao mundo e dicirlle:

¡Escóitame! cómpre xuntarnos e loitar conxuntamente para acadar o benestar social.
Neste doado e mouco momento síntome atrapado na escravitude das miñas verbas, encovado na sinxeleza da miña cabeza, apesarado polo devir das cousas.

Porén, apreciados lectores, estou a vivir un momento máxico que, a pesar da súa inutilidade, desexa mostrarlles a grandeza dun ser humano que sementa nas leiras da vida a poesía da esperanza, o xúbilo cimentado no sorriso da luz.

A grandeza dun home que non esixe, senón que da, que concede e perdoa, dun home que tende sempre a man na procura de mostrarnos a súa amizade. Dun home que ensina que hai que loitar sempre e buscar ante a depresión e o desafiuzamento novos camiños para constuír a nosa historia, e xamais servirnos da vinganza, do rancor ou do odio, que só son estados de presión que conducen á frustración, o malestar e ao aillamento.

A grandeza dun home que dá verdadeiro sentido e finalidade á vida que non é outro que alcanzar a dignidade persoal; a grandeza dun home onde a rectitude, honra e o digno comportamento aínda non perderon a luz dos soños.

Admitirán que é moi difícil ver a vida con esa serenidade da alma e do espírito, ata mesmo poderíamos pensar que se trata dun pecador, do delito de inxenuidade, a quen habería que illar para evitar que espallase a súa doenza. Dun malévolo de elegantes formas e exquisito comportamento.

Pero quero que saiban que lles estou a falar dun home sinxelo, anónimo, no que os seus pensamentos flúen polo espacio da gloria e a súa luminosidade calma os tormentos e préstanos de novo á vida.

Dun home que é a gran palabra da humanidade. Si, estimados lectores, o profesor, doutor, escritor, Xosé Luís Vázquez Somoza é LIBERDADE.
García Mera, Germán
García Mera, Germán


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES