Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lenda de Manuel

jueves, 18 de abril de 2019
Esquecín co tempo lembranzas de belas e fantásticas lendas, contos que escoitaba o carón do lume, sentado nun bancote de madeira e meu avó era o mago que facía estalar as muxicas da fantasía nunha lareira envurullada en nubes de cores.

Eu, coma meu avó, desexo contarles, estimados lectores, a lenda de Manuel Celso.
Nunha cidade pequena, cinguida por unha murralla de grandes de croios cheos de historia, naceu un home con nome, con identidade, un home que camiñaba pola súa cidade levando no seu regazo a beleza indicativa da súa dita: A frescura e viveza da súa vida.

Era un home ditoso porque sabía entendela existencia, e un actor importante nos papeis que tiña que desempeñar dentro da sociedade da que formaba parte, porén non era consciente da auténtica obra de interpretación que estaba a levar a cabo: Facer moi ditosos a persoas que avezara no arte do mus, un xogo de cartas pouco espallado na súa cidade.

Tal era a súa destreza interpretativa que o facía un fiel sirviente, ignorado traballador e debedor constante de desexos individuais. Era o papel dun condenado a vagar para sempre polas tebras da oscuridade da indiferenza, un papel demasiado cruel para un home que só perseguía a ledicia nun palacio de fantasía, pero co tempo, as voces do silencio foron conscientes de que Manel era o gran poeta, o dono posesor de nobres e elocuentes verbas que axudaban a dignificar a condición humana.

Si, estimados lectores, acadar o benestar alleo é cousa dun vento calmo que percorría as rúas da súa cidade, e Manel, o museiro de honor, foi un valedor maxistral desa areixa.
García Mera, Germán
García Mera, Germán


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES