Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha vida reivindicando

miércoles, 10 de abril de 2019
Estamos ante novas eleccións e novas campañas electorais. É o momento no que os partidos manifestan, por activa e por pasiva, a súa “preocupación” polas persoas con diversidade funcional. O momento de trasladar propostas que nalgúns casos representan demandas históricas. Ponse en marcha a maquinaria de escoitar, de prometer… Escoitar o que xa temos dito tantas e tantas veces e prometer máis ou menos o mesmo das eleccións anteriores. Certo que entre unhas e outras algo se vai cumprindo, pero só temos unha vida que se nos pasa reivindicando.

Os que peiteamos “canas” nesta loita xa probamos a dar o noso “voto de confianza” a distintas cores políticas e temos certo desencanto de ver como a historia se repite. Lembro asistir a reunións cos alcaldables, preguntar que pensaban facer no tema das persoas con mobilidade reducida, daquela minusválidos, e mirarme con cara de sorpresa. Agora, cando menos, xa figuramos nos distintos programas; pero non é suficiente. Precisamos compromisos acompañados de orzamentos e non só boas palabras. Pregúntome, se é necesario estar repetindo sempre un listado de reivindicacións, o que está sen facer, o que está mal feito… Onde está a empatía? Non se supón que teñen que pensar en todos?

En España arredor dun 8% da poboación ten unha diversidade funcional. Un colectivo que, en teoría, ten os mesmos dereitos para formar parte da sociedade sen necesidade de sortear tantas barreiras. Xa lles adianto que miles de persoas non poderán exercer o seu dereito ao voto de forma autónoma. Aínda que o regulamento establece a accesibilidade dos locais non se acadou o obxectivo e xa non digamos no mundo rural no que as dificultades son moito maiores.

Temos como novidade positiva o recoñecemento do dereito ao voto das persoas con diversidade intelectual coas dúbidas correspondentes que xerou a Xunta Electoral Central. Pero tamén seguimos coa vella reivindicación da adaptación dos programas electorais para os que precisan dunha linguaxe máis comprensible. Quizais escoitemos que todo transcorreu sen incidentes dignos de mención porque que miles de persoas vexan vulnerado o seu dereito por problemas de accesibilidade, por non ter transporte adaptado… é algo irrelevante.

Facilitar a autonomía é propiciar a dignidade. Temos que convencernos dunha vez que o que reivindicamos algunhas persoas vale para todos. Non pedimos nada en exclusividade.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES