Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Poeta da Chaira

jueves, 11 de abril de 2019
Areixas de vento maino dinme: Fala dos murmurios da alma.

Penso e asiña cicelo nas follas brancas do espazo infindo, con surcos profundos e curvilíneos, palabras que, como grilandas do Nadal, acariñen a estética e a dozura da poesía dun ser probo, nado nunha terra que aluma coa súa luz brotes floridos que xorden na leira da creatividade deste ser alado, dotado de atributos celestiais, que brinca valados para voar na liberdade das estrelas da lúa e levarnos cos seus poemas a ceos cheos de gloria.

Xosé Otero Canto é o vagalume dourado que abadenta sendeiros de esperanza, a pomba branca que suca regos de poesía, o mencer de cores que, como vento enfuracanado, aprivima reencontros de bagoas luminosas.

Necesitamos, ás veces, sentir que o mundo non existe, pero a poesía do poeta da chaira é o gran truco de maxia que abraia, que che esixe vivir a vida, e ter fe no futuro.

“Déchesme ti esta soidade que ía remoendo días,
porque a miña soidade leva o teu apelido,
está feita de ti,
mais camiña comigo…"

Querido amigo, quero que saibas que a voz da nosa Muralla pregoa ao vento, con tempestades de enerxía e atronadora firmeza:

“Poeta es un belo soño do meu pobo”.

Si, estimados lectores, lendo ao poeta da Ponte do Outeiro, abofé, sintín a quietude do momento e aplausos de cometas bailando co vento.
García Mera, Germán
García Mera, Germán


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES