Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Debatir sobre políticos

martes, 09 de abril de 2019
Estiven nun debate de xornalistas, lóxicamente de política, que posiblemente non interese aos xornalistas pero que os políticos debían escoitar todos, se é que os políticos escoitan en algún momento a alguén que non sexan eles mesmos.

Claro que xuntar catro xornalistas de prensa, radio e internet, e pedir que falemos da política na provincia de Lugo, das próximas eleccións, do que pode pasar, de cómo vemos a política, pode parecer tempo perdido, pero eu polo menos aprendín moito.

A conclusión que saquei é que todos estamos cansados desta política, todos estamos descorazonados de cómo vai este século do que esperábamos o mellor, a clase política é manifestamente mellorable con algunhas excepcións que todos somos capaces de apreciar, e que das próximas eleccións vai sair un resultado que o máis probable é que haxa que volver convocalas outra vez.

Fixen constar o meu asombro pola avalancha publicitaria institucional na prensa escrita, de tal maneira que cando un colle un xornal e quere ver noticias de Lugo, e ve titulares, busca inmediatamente a identificación como “publireportaxe”, que cada vez abunda máis, de xeito que unhas institucións aprenden das outras e agora, nesta precampaña, dan ganas de non ler os xornais para evitar enfados innecesarios por ver como xogan e dubidan da nosa intelixencia, intentando atontarnos con rodas de muiño.

E un pensa: se fan esto coa prensa escrita, por que non na radio, que a escoita moita máis xente que lectores ten a prensa escrita; xa non digamos nos xornais en internet. Entón doume conta de que a radio ten os minutos que ten, e non poden invadirse, mentras que na prensa escrita non hai máis que aumentar páxinas, e todo solucionado. E na Internet son tantas as mensaxes que no as dan controlado.

Tamén pode ser que os políticos, e os xornalistas que os asesoran, conten que o que se pode tocar é o que queda, a radio lévaa o vento, e Internet é un mundo á parte. Alá eles. Porque á radio lévaa o vento aos oídos de milleiros de persoas, e esta Internet libre chega "a todo o mundo", no máis amplo sentido do concepto.

Os políticos gobernantes aprenderon a máxima de “obras son amores e non boas razóns”, collérona pola lixeira, e pásannos polos ollos as obras que fan co noso diñeiro, pensando que asi quedamos conquistados en batalla na que levamos as de perder. E ao mellor teñen razón; ao mellor estamos dándolles a razón. Ou non. A saber.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES