Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Casas de apostas, NON!!!

miércoles, 10 de abril de 2019
Considero que ter a oportunidade de escribir un artigo semanal tamén leva consigo a responsabilidade moral de tomarlle o pulso á sociedade e contribuír a súa mellora. Coido que isto pódese facer en positivo e así o intento con humildade pero, ás veces, a realidade ponte ante a obriga moral de pronunciarte.

Hoxe é unha desas veces que teño que posicionarme radicalmente en contra das casas de apostas. Por inmorais e polo perxuizo social que supoñen, acabando coa vida e a saúde non só de quen aposta senón, tamén, do seu entorno máis próximo.

Vivín moito tempo enriba dun bingo ao que nunca entrei pero si vin entrar e saír a moita xente. Esta xente non debía estar especialmente orgullosa do que estaba a facer xa que, ao entrar, miraban para todos os lados coidándose de que ninguén os vira. Isto volvíase un ritual que, naquel entón, me causaba certa graza porque a veces metía a cabeza para dentro e cando a volvía a sacar vía como a persoa entraba no bingo. O caso é que co tempo puiden ver como a ludopatía se volvía un problema serio e provocaba, incluso, autoexclusións debido á cantidade de tempo que os enfermos adican ao xogo.

Chegados aquí non resulta esaxerado equiparar a ludopatía con outro tipo de adiccións como a drogodependencia. Se o facemos, estes negocios non poderían permanecer impunemente na realidade.

De momento, hai que rexeitar a actitude de todos aqueles que, sabedores das traxedias que conleva o xogo, contribúen a publicitalo, utilizando a súa imaxe pública e cobrando sustanciosas cantidades. Toda profesión debe ter un código deontolóxico e, dende logo, en ningunha ética cabe anunciar algo que contribúe a destruír non só vidas senón familias enteiras.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania