Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os sumidoiros de interior

lunes, 08 de abril de 2019
Desde o Preguntoiro
Os sumidoiros de interior

 Agora vaise sabendo  da esterqueira e o fedor da "policía patriótica" deste país esperpéntico, aínda que xa o intuía ao ver o vídeo "Las Cloacas de Interior" xa fai preto de un ano.  A espionaxe sobre un líder político e o seu partido, sexa Podemos ou outros e de discrepancias ideolóxicas, todos son  feitos que deron no mesmo corazón da democracia, ou sexa, nun estado democrático san todo isto sería ilegal e algúns responsables xa estarían na cadea.

   É insoportable todo este fedor de podremia e corrupción a todos os niveis dentro dese partido do PP que xa foi condenado nos tribunais. Esa banda de delincuentes do, capitaneados polo Ministro Fernández Díaz do ministerio de interior, dirección xeral da Policía, neste caso de comisarios e algúns deles inspectores. Para dirixir esta banda necesitaban un comisario franquista ate a medula Eugenio Pino e José Manuel Villarejo.

  Todo unha montaxe ao estilo franquista da BPS: fabricar contos, roubar teléfonos, mentir e manipular nos medios de información sen sequera contrastar a noticia. Neste país de pandeiro o Sr. Nixon seguiría gobernando, dimitiu en EEUU no caso Watergate con todos os seus responsables pescudados e encausados sendo moito menos grave que o podredoiro que temos nesta "Marca España".

    ¿Ate cando temos que seguir agardando para coñecer toda esta podremia enquistada no poder? Xa tiña que estar xulgado o ministro Fernández Díaz a o igual que o expresidente do goberno que o nomeou e o mantivo sabendo do seu comportamento mafioso.

Que non me veñan a dicir coa boca chea que teñen algúns políticos "constitucionalistas" que estamos nun estado de dereito, cando certos criminais son intocables ou inviolables. Chamar democracia borbónica a esta alturas é intolerable e non deixa de ser un insulto á intelixencia.

É moi preocupante o silencio do PP, PSOE e Ciudadanos sobre este gravisimo espionaxe policial. ¿Que teñen que ocultar tanto os socialistas como Ciudadanos? cando este feito  foi un golpe de estado en toda a liña de flotación da democracia.

Este é ese "Estado Profundo", mellor dito, a Marca España Profunda onde conviven  algúns policías corruptos, delincuentes comúns, as elites políticas, xudicatura e medios de comunicación, dispostos a todo para "salvar a España" ou, o que é o mesmo, para salvar este réxime que lles ben proporcionando poder e privilexios. Con isto tamén quero dicir que non todos sexan desta catadura moral, temos neste pais xente que cumpren co seu cometido honradamente, demócratas que son o que están ao pé do canón aguantando carros e carretas aos que se nomean eles mesmos como "constitucionalistas" e non cumpren a Constitución, eses que son os demócratas de postal.

Tamén non só son estes delincuentes os responsables, xa que non existirían si non fora por moita xente que seguen apoiando a esta caterva de escachapiollos dos sumidoiros, sabendo de antemán as súas falcatruadas, ou son antidemócratas o non saben o que é democracia.

Vilaxoán de Arousa, 05/04/2019.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES