Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

V Séculos de Nós Frescos dos Vilares

sábado, 06 de abril de 2019
V Séculos de Nós Frescos dos Vilares
#SalvemosOsFrescosDosVilares

A historiadora e museóloga Sonia Engroba afirmou no Mestrado avanzado de arquivos, museos e bibliotecas da facultade de humanidades da UDC que unha das pinturas ao fresco das catro que hai na igrexa é única en Galicia e de perderse, desaparecería unha peza patrimonial de grande valor pola súa rareza. Trátase da que representa a imposición da casulla de San Ildefonso.

Representa ao santo de xeonllos mentras dúas virxes mártires impoñen a casulla na cabeza do santo. Manten tamén que ademáis do Mestre de Parga hai outro autos que polo estilo das pinturas podería corresponder a algún dos mestres das pinturas de Santa María de Nogueira de Miño, coñecida como a "Capela Sixtina de Galicia" pola coincidencia de estilo dalgunhas pinturas.

Os frescos dos Vilares suman deste xeito aínda máis valor e relevancia histórica e artística dentro da iconografía do patrimonio relixioso galego.

Por outra banda, lembramos que este mes, e coincidindo coa festa da Pascua e a romaría da Virxe dos Desamparados repartiremos centos de dipticos informativos aos feligreses. Tamén lembramos que o párroco Oscar Santiago vai destinar a recadación da romaría aobtratamento das pinturas á espera da campaña de crowfunding que temos previsto comenzar no verán ante onddsinterés das diferentes administracións.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES