Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os listos e os demais

viernes, 05 de abril de 2019
Lanzo esta mirada desde o território dos demáis, desde esta parte na que estamos a velas vir dispostos a escoitar unha sarta de babecadas que lanzan desde a outra banda os que se cren listos pensando que os demáis somos tolos. Esta dicotomía entre listos e tolos sae a relucir plena nas campañas electorais como na que xa estamos mergul lados. A semana pasada quedei abraiado coas declaración a un medio de alcance nacional do candidato número dous por Madrid do PP, o señor Suarez Illana á sazón fillo do que fora presidente do goberno Adolfo Suárez que a micro aberto e sen reparo algún pretendeu dar unha lección de antropoloxía cando pon ao noso antepasado neardental na texitura de ser infanticida porque, segundo o candidato, cando lles nacía un fillo, segundo cadrase, cortábanlle a cabeza, pretendendo comparar a estes ancestros cos que hoxe están a favor do aborto. Non lle faltou tempo a un catedrático de antropoloxía para enmendarlle a plana a este lumbreras. Como nacional católico que é o señor Suárez Os listos e os demaisIllana seguranmente non crea na evolución das espécies e pense que Deus puxo a Adan e a Eva no paraíso tal e como somos os seres humanos arestora sen pasar claro está polo “homo neanderthalensis” (cortadores de cabezas de bebés indefensos, segundo o señor Suárez). Pode, evidentemente, crer no que lle pete pero non crea que os demáis somos tolos e a estas alturan seguimos comunlgando con rodas de muíño. Fraco favor fíxolle ao seu partido con estas declaracións porque o militante de fidelidade inquebrantable non o dubidará pero aquel que estea ainda indeciso debería pensalo dúas veces antes de dar o seu voto a este home que se vai sentar nun escaño do Parlamento e decidir sobre o noso devir máis inmediato. O seu pai, don Adolfo Suárez, malia desempeñar varios cargos públicos na dictadura franquista, preséntase coma máis “progresita” que este seu fillo ultra fichado polo PP. Logo destas “perlas” cultivadas que provocan estupor habería que dicirlle ao señor Suárez Illana que, se pretende representar ao grupo dos listos que só se representan a si mesmos e sentarse nun escaño do Parlamento pois vale se ten o respaldo dos que non van repararar nas manifestacións que solta pero que teña coidadiño porque o mesmo unha parte “dos demáis” pódese por en desbandada e outros veñan a pescar neste caladoiro, pero... agora que o penso tanto terá porque os peixes vain ir ás adegas dun barco da mesma compañía e vano a vender co mesmo envoltorio. Xa veremos.

Debuxo de elcultural.com
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES