O país das 22.000 barras
Editorial - miércoles, 19 de diciembre de 2007
Máis aínda. En Galicia hai barra arriba, barra abaixo- 22.289 establecementos onde se pode saciar sede ou apetito, segundo se ven de coñecer. Son 1.521 cafeterías, 4.013 restaurantes e e 16.755 bares.
Se estas cifras nos parecen demasiado expresivas, teñamos en conta que Andalucía posúe 35.981 bares, Cataluña 26.330 e Madrid, 22.928.
As cifras, en sí, non son malas nin boas. Son a realidade. E veñen acreditar a tendencia dos propietarios con iniciativa de que o de montar un bar é a primeira das ideas que cristalizan, non só polo relativamente pequeno investimento preciso senón tamén, e ata non hai moito tempo, pola escasa especialización dos chamados a atender os máis modestos destes establecementos.
O país evoluciona, e con el tamén a hostalería que cada vez presenta un maior nivel de servicios e colabora de xeito decisivo a acreditar o excelente nivel da nosa gastronomía, incluído o tapeo e os magníficos viños galegos.
O que indican as cifras é que en Galicia hai un bar por cada 165 habitantes, o que fai difícil a rendibilidade destes establecementos. E sen embargo perduran, o sector medra, o traspaso de establecementos presenta cifras moi notables, e o traballo nestes establecementos é un moi importante sector xenerador de emprego.
Estamos no país dos mil ríos, das mil praias, e das mil primaveras para a lingua. Unha cifra máis para a estatística: 22.289 establecementos de hostalería. Somos unha potencia.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora