A vida pasa factura
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 04 de abril de 2019
A vida é o primeiro e o mellor regalo que se nos fai.
Non se nos consulta se o queremos ou non.
A vida é un misterio.
Pero unha vez que a estreamos, empezamos a nosa andadura e temos unhas misións que cumprir.
Pouco a pouco, imos superando etapas.
Cada etapa supón un grao superior de responsabilidades para que a persoa evolucione progresivamente e poida integrarse como un membro útil da vida social do tempo no que lle toque vivir.
¿QUÉ OCORRE CANDO NOS SALTAMOS ALGUNHA DESTAS ETAPAS?
Hai persoas, de tódalas idades e condicións, que se cren moi astutas e que poden saltarse varios escalóns; é dicir que poden saltarse unha ou varias das súas obrigas.
Pasan pola vida olímpicamente sen ter a debida consideración de si mesmas nin das outras persoas:
-NON LLES PREOCUPA QUE HAXA SUFRIMENTO Ó SEU CARÓN. Mentres non lles toque a elas
.
¡Ai! ¡Ai
!
¿Qué pensan que elas se van salvar de pasar por esa etapa da vida?
Pois non.
E se no seu día non tiveron consideración do sufrimento dos outros; pode que teñan sorte, pero tamén pode ocorrer que lles pasen factura.
E daquela
-NON LLES PREOCUPA ABUSAR DOS OUTROS CON TAL DE QUE LLES CORRA A AUGA PARA O SEU PRADO.
Egoísmo e máis egoísmo
¿Qué pensan: que a xenerosidade das outras é interminable?
Pois non.
Hai persoas moi xenerosas; pero chega un momento na vida que se lles agota a xenerosidade e a paciencia.
E daquela
-NON LLES PREOCUPA QUE OS SEUS FILLOS LLE FALTEN O RESPECTO Ó PROFESORADO, NIN ÁS PERSOAS MAIORES porque estes lles marcan un camiño que a eles non lles apetece seguir
¿Qué pensan, que os seus fillos van a ser os amos do mundo, que van poder facer o que queiran..?
Pois non.
Polo mundo hai que ir cumprindo unha regras que respecten os dereitos de todos.
Se queremos que os outros nos respecten temos que respectalos e darnos a respectar.
-NON LLES PREOCUPA QUE OS SEUS FILLOS ADQUIRAN UNHA FORMACIÓN ÉTICA, MORAL OU RELIXIOSA porque eso era cousa do pasado
Agora cos medios que temos ó noso alcance
Google sabe todo.
Pois non.
En tódolos tempos e en tódalas latitudes cómpre ter unha formación ética para que o comportamento das persoas se adapte ás regras da Moral.
Os humanos de tódolos tempos e de tódalas latitudes temos unha dimensión espiritual que hai que cultivar.
Ademais do corpo, tamén temos espírito e o noso espíritro tamén necesita alimento.
A maoría dos humanos temos unha relixión.
A relixión da vella Europa é o Cristianismo nas diversas modalidades.
Tódalas relixións nos falan de Alguén superior que rixe as sabias leis do Universo.
Ese Alguén é a Enerxía infinita, á que os cristiáns chamamos Deus, manifestado en Cristo.
Nesa Enerxía, nese Deus nos movemos, respiramos, vivimos, existimos.
Desa Enerxía, dese Deus procedemos e a Ela ou a El retornaremos cando nos caduque o contrato de aluguer desta preciosa etapa terrenal.
TODOS LEVAMOS GRABADA A SÚA LEI NOS NOSOS CORAZÓNS.
A veces vémola e outras veces non a queremos ver.
Que non a vexamos ou que non a queiramos ver non significa que non exista.
Xa din alí: A ignorancia da lei non exime do seu cumprimento
Do que levamos no corazón fala a nosa lingua e maniféstase nas nosas obras.
-Do que pensamos: falamos.
-Do que damos: outro tanto gañamos.
-Do que facemos: eso mesmo obtemos.
-Do que cultivamos: eso recolectamos.
-E veremos: o que soñemos.
Se soñamos con ser mellores persoas, seremos persoas un pouco máis boas.
¡SOÑEMOS CUN MUNDO MELLOR!
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora