Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Política, censura e Mozambique

lunes, 01 de abril de 2019
Que ten a política, que ultimamente todo o mundo quere entrar nela?Estes días xa me aburren os xornais porque lles dedican páxinas e máis páxinas á precampaña electoral. Non digo nada cando se inicie a propia campaña. Que ten a política, que xa me perdo con tantos partidos. Si, é bonito que na democracia non sexan tan só dous. Pero chega un momento en que, entre tránsfugas duns e rupturas doutros, xa non sei que candidato está en cal partido ou por que partido vai tal candidato. Que ten a política? Ten unha poltrona moi cómoda na que, algúns, collen algo de poder e, a maioría, un soldo sen case dar golpe. Ou sen case. Por que hai cada candidato... Algúns incluso deberían ser censurados.

Pero non. Hai outras censuras que arreguizan. Rectifico; a min xa non me chaman a atención. Porque xa hai moitos anos que digo que, na democracia, hai tanta ou máis censura que houbo na ditadura. Nesta, como sabías o que había, xa procurabas non dicir o escribir certas cousas. Na democracia, pensado que es libre, libre de verdade, dis ou escribes cousas que axiña notas o golpe ese coma o que se lle daba ós coellos cando os matabas; ou sexa, que te censuran de tal maneira que ata chegas a pensar que, para escribir, mellor noutros tempos. Porque a min que ninguén me diga que a actuación da Xunta Electoral de Barcelona é lexítima, legal e oportuna logo de prohibirlle ós medios públicos cataláns TV3 e Catalunya Radio as expresións “xuízo á represión” ou “presos políticos”. Para un servidor, iso é peor cá censura. Iso é un acoso puro e duro como Maduro lle fai a Guaidó, inhabilitándoo durante 15 anos para exercer cargos públicos. Aquí hai dúas varas de medir: o da Xunta Electoral aplaudímolo e o de Maduro condenámolo; cando tanto unha coma o outro son reprimendas ou prohibicións ou inhabilitacións.

Dúas varas de medir coma dous mundos. Case 500 mortos en Mozambique polo paso do ciclón e case non souben del porque os medios de comunicación pódese dicir que pasaron sobre el con pés de la. Se fora nun país “auténtico”, estudarían o ciclón, o país, as xentes do país, o remuíño do ciclón, a intensidade do ciclón e a rotación do ciclón. Pero Mozambique é un país africano e queda no quinto inferno.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania