Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Convocatoria/Bases do #CertameVilariñas2019

lunes, 01 de abril de 2019
A NPG Nova Poesia Guitirica e a Asociación Socio-Cultural Lareira de soños convocan a un novo certame de micropoesía, o 3°, denominado CERTAME VILARIÑAS 2019.

Con máis de 300 participantes nas dúas edicións anteriores e con unha alta calidade literaria, @s poetas gañadores/as foron Andrea Araújo, Pedro Rielo e Toño Convocatoria/Bases do #CertameVilariñas2019Núñez na primeira edición, e Beatriz Dourado, Mila Villanueva e Cris Amoedo na segunda. A denominación está inspirada no lugar de nacemento do poeta Díaz Castro (O Vilariño dos Cregos nos Vilares) e á "herba pequerrechiña" do seu poema Esmeralda. Este nome está a sumar cada día máis adeptos para afianzar este alcume entre os micropoemas galegos nun simil co nome nipón dos Haikus para as micropoesías xaponesas.

@s gañadores/as son agasallad@s con unha preciosa figura exclusiva e feita a man pola artista Viki Rivadulla que representa unha muller galega co paxaro da inspiración na cabeza. Máis aló que un concurso os certames das Vilariñas buscan dar visibilidade ao xénero da micropoesía en galego e dotala dun nome próprio e identitario desta modalidade literária que lonxe de ser unha modalidade menor, resulta moi meritoria pola capacidade de concentar mensaxes, sentimento e xontidos en tan poucos versos. Así pois, a partires do 1 de abril e até o 31 de maio, estará aberto o prezo para a recepción de deste ano 2019 coas seguintes

BASES:
Convócase o III Concurso de micropoesías “Vilariñas” no que poden participar todos @s escritores/as que queiran.

A participación neste concurso é completamente de balde.

Os micropoemas presentados ao concurso serán inéditos, orixinais e non premiados nin publicados. @s autores/as son responsables tanto deste punto como da autenticidade dos seus propios datos.

A temática será “libre”. Cada participante poderá enviar un máximo de dous micropoemas que deben estar escritos en GALEGO en calquera das normativas ou en portugués e presentarase ao concurso a través do correo electrónico

dosvilares@gmail.comou npggazeta@gmail.comen formato Word e coa referencia de "CERTAME VILARIÑAS 2019" no título do correo. Cada vilariña terá o nome ou o alcume d@ autor/a. Tamén no correo deben figurar os datos de contacto d@ autor/a.

Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 3 versos sen incluir o título. Cada poeta poderá presentar un máximo de dous micropoemas a concurso e cada un deles serán xulgados individualizadamente e por separado. A organización non correxirá nin modificará os textos dos poemas. Cada micropoema debe ser apresentado por separado. Poderán cada un deles ir acompañado de imaxe si así o quixera @ autor/a.

Admitiranse obras desde o 1 abril até o día 31 de maio de 2019 , ás 23.59 horas.

A organización do concurso reservase o dereito a eliminar aqueles micropoemas que podan ir en contra da protección da infancia, do respeto, ou induzan ou promovan actos delictivos, denigratorios ou violentos en cualquera das súas formas.

O xurado terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contenido do poema. O xurado estará composto por poetas da NPG Nova Poesía Guitirica. Os integrantes da NPG, só poderán colaborar quedando SEMPRE fóra de concurso, por formaren parte do xurado. O fallo do xurado será inapelable e farase público a través dos distintos soportes dixitais de Os Vilares, lareira de soños, e da NPG Nova Poesía Guitirica nas duas semanas posteriores ao peche do concurso.

Os micropoemas participantes, integrarán unha antoloxía, e entre eles escollerase aos tres gañadores do premio que consistirá no trofeo deseño exclusivo da artista Viki Rivadulla e edición das obras presentadas na web poético-literaria http://npggazeta.gal e outros soportes dixitais. A edición da antoloxía na web poética será segundo criterio da NPG Nova Poesía Guitirica e Os Vilares, lareira de soños. Farase un acto poético público cos premiados e poetas convidad@s.

Polo feito de participar, @s premiad@s autorizan a NPG Nova Poesía Guitirica e á Lareira de soños a editalos nos soportes fisicos e dixitais que considere oportunos.

Tamén se poden descargar as BASES do enlace da nosa web:
http://npggazeta.gal/index.php/vilariñas
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES