3.3. O XOVES DE COMPADRES E COMADRES
Tanto os compadres como as comadres son bonecos, realizados con palla, ben comprimidos e vestidos con roupas de homes e mulleres, respectivamente. Hai anos, nalgúns barrios de Monforte de Lemos pendÃan estes bonecos, o dÃa antes da festa, nun lugar de difÃcil acceso e logo os vixÃaban toda a noite; asÃ, mentres os homes estaban pendentes dos compadres, as mulleres estábano das comadres, xa que era doado de recoñecer o sexo da persoa representada por mor das roupas que lle foran postas. A finalidade era recuperar o boneco, o que daba lugar a unha loita simbólica entrámbolos dous sexos.
Na actualidade na Terra de Lemos, que abrangue ós concellos de Bóveda, Monforte, Pantón, O Sabiñao, A Pobra do Brollón, Sober, téntase facer diversas parodias, o xoves de compadres e o de comadres, usando bonecos dámbolos dous sexos, que representan diferentes comportamentos e tarefas da vida cotiá.
Este antroido foi analizado, entre outros, por Hermida Balado, Germán Vázquez e Moure Mariño (1).
3.4. O ENTROIDO NO “VAL DE FRANCOS”
Dende o ano 1992 as parroquias de Ansemar, Balmonte e Goberno celebran neste fermoso val o entroido como reflicten as seguintes estrofa:
“Xa que tres pobos se uniron
con unha grande ilusión ,
nunha tarde de harmonÃa ,
fan esta celebración”.
“Balmonte, Goberno e Ansemar
xuntas o Antroido van festexar
¡ é tan fermosa esta unión
que mesmo agranda o corazón” (2).
Os actos máis representativos deste entroido son o sermón, o xuizo e a queima do entroido.
1. O SERMÓN
Trátase dun conxuncto de estrofas, pronunciadas normalmente por un home ,e ás veces tamén por unha unha muller, nas que se satirizan preferentemente diferentes eventos que tiveron lugar no concello, e nesas parroquias en particular. Entre algúns sermoeiros de sona imos distinguir os seguintes: Laxe de Loentia, ElÃas da Concha de Ansemar, Salvador de Aguiar de Samartiño de Goberno, Hipólito e Eleuto de Ansemar, Edelmiro de Samartiño de Goberno e SerafÃn de Tito de Quintela (3).
2. O XUIZO Ó ENTROIDO
Neste acto interveñen tres persoas, que simbolizan a un xuiz, un fiscal e un avogado defensor, que levan a cabo o seu rol, utilizando, ó igoal que no sermón, unha serie de estrofas nas que ó remate o fiscal condena ó antroido a ser queimado.
Finalmente é importante facer mención do Antroido do ano dous mil, xa que, por primeira vez nesta comarca, foi planificado por tres mulleres: Ana MarÃa Canto RodrÃguez, da parroquia de Goberno; MarÃa Luisa Alonso, de Balmonte e Montserrat Flores Fernández, de Ansemar.
3.5.- O ENTERRO DA SARDIÑA
Na cidade de Lugo e nalgúns pobos da provincia: Burela, Chantada, Monforte, Sarria, Vilalba... celébrase no solpor do mércores de cinza este enterro, no que interveñen confrades, plañideiras e devotos, que levan nos seus ombros o cadaleito da sardiña ata a praza maior, onde un representante dos confrades pronuncia un discurso satÃrico.
Na nosa cidade, o acto é organizado pola asociación cultural Pepe Barreiro, persoa que noutrora impulsou en Lugo esta celebración. Na procesión fúnebre participan máis de cen persoas, que saen do CÃrculo das Artes e percorren varias rúas, cantando as estrofas, escritas no seu dÃa polo fundador da confraria. O percorrido remata na praza maior, onde o carón da Casa Consistorial un representante da comitiva lee uns ferretes -estrofas-, que aluden a diferentes eventos da polÃtica estatal, autonómica e municipal (4).
No ano dous mil catro a estrofa cantada polos confrades e demais persoas
asistentes ó acto foi a seguinte:
“E xa temos unha ponte,
fixerona os romanos
e agora que se biquen
o alcalde e o señor Cascos”
As diferentes estrofas que se cantan neste dÃa, son elaboradas en galego por todas as persoas da confradÃa que o estimen conveniente. En anos vindeiros tense pensado facer un concurso público de “estrofas satÃricas” para seleccionar as máis axeitadas.
4.- FOTOGRAFÃAS DA EXPOSICIÓN.
4.1.- CONTIDOS DAS FOTOGRAFÃAS DA EXPOSICIÓN
Número da fotografÃa: 1. Contido: As fiandeiras. Distriz (Monforte). Xoves de comadres.
Número: 2. Contido: As noivas buscando un millonario. Piñeira (Monforte). Xoves de comadres.
3. O desenterro do Entroido, Vilaúxe (Chantada).
4. Os volantes, Vilaúxe (Chantada).
5. O predicador, Val de Francos (Castro de Rei).
6. O oso de Salcedo (A Pobra de Brollón).
7. O enterro da sardiña (Lugo).
8. Os volantes danzando, Vilaúxe (Chantada).
9. A roza dos toxos, Distriz (Monforte). Xoves de compadres.
10. O oficio de albanelerÃa. Vilaúxe (Chantada).
11. O xuizo do Entroido. Val de Francos (Castro de Rei).
12. O enterro da sardiña (Lugo).
13. Os demos. Ribas Altas (Monforte). Xoves de compadres.
14. O oficio dos ferreiros. Vilaúxe (Chantada).
15. A queima do Entroido. Val de Francos (Castro de Rei).
16. O oso de Salcedo tiznando a unha persoa da comunidade.
17. Os fariñeiros, Val de Francos (Castro de Rei).
18. O oso de Salcedo, axudado polos seus criados, dedÃcase a tiznar.
19. O Antroido de Ribadeo.
20. Os volantes danzando. Vilaúxe (Chantada).
BIBLIOGRAFÃA BÃSICA SOBRE O ANTROIDO
Albarellos Codesido, X.C. e Reboleiro Gzlez., V. Aires de festa, A Coruña: Ed. BahÃa, 1993, pp.19-27.
Asociación Cultural “Val de Francos”. Máis de media ducia de escritores chairegos e o antroido, Lugo: Gráficas Lucenses, 1993, 80 pp.
Caro Baroja, J. El Carnaval, Madrid: Taurus, 1983.
Cocho, Federico. O Carnaval en Galicia, 2ª ed, Vigo: Xerais, 1992, 365 pp.
Gzlez. Reboredo, X.M. e Mariño Ferro, X.R. Entroido en Galicia. Deputación da Coruña, 1985.
Lisón Tolosana, C. AntropologÃa cultural de Galicia, Madrid: Ed. Siglo XXI, 1971.
Lisón Tolosana, C. Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega, Madrid: Akal, 1974.
Lorenzo, X. “Do noso antroido: os escabicheiros”, en Brigantium, nº 3, 1982.
Lorenzo, X. “Notas encol do Antroido en loberÃa”, en Nós, nº 124, 1934.
Lorenzo, X. Cantigueiro popular, Vigo: Galaxia, 1973, 296 pp.
Mariño Ferro, X.R. O entroido ou os praceres da carne, 2ª ed., Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 2003, 217 pp.
Otero Fdez., X.M. “A dimensión lúdica da vida humana. O entroido, unha antiga celebración”, en Exemplificación didácticas. Ed. Secundaria Obrigatoria. Tomo II, Xunta de Galicia, pp. 187-217.
Rivas, Paco. Fiestas de Galicia. Propostas didácticas. Deputación de Lugo, 1996, pp. 37-47.
Risco, V. “EtnografÃa:cultura espiritual”, Historia de Galicia, Madrid, Akal, 1979, pp. 225-763.
Taboada ChÃvite, J. Ritos y creencias, Santiago: Sálvora, 1983, 298 pp.
Vázquez Rdguez., Xosé Manuel. “O entroido nas ribeiras de Chantada. A persistencia da festa”, en BoletÃn do Museo Provincial de Lugo. Tomo VII, vol. 2, 1995, pp. 249-258.
NOTAS
(1) Zapata, LuÃs: Crónicas de Antroido (III), Diario “El Progreso”, 10-2-02, páx. 22.
(2) Asociación Cultural “Val de Francos”. Máis de media ducia de escritores chairegos e o Antroido, Lugo, pax.4.
(3) Informante: Xosé Manoel Carballo, gran impulsor do Entroido do “Val de Francos”.
(4) Informante: Mercedes Barreiro González, filla de Pepe Barreiro, fundador da confradÃa actual.