Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De UCD a UPD

martes, 18 de diciembre de 2007
A Ucd foi imprescindible naquel tempo de mediados dos anos setenta en que todo nacía e frente a signos opostos de dereitas e de esquerdas – se é que daquela aínda eran posibles estas clasificacións- xurdía unha opción de centro á que poder mirar todos os que entendían, entendiamos, que había que xuntar esforzos e procurar navegar nun mar proceloso do que non sabiamos límites, mareas, rumbos, nin tiñamos a máis mínima experiencia mariñeira.

A UCD durou o que durou a nosa inexperiencia, os nosos primeiros temores, o noso descoñecemento. Derruída desde dentro polas baronías de taifas, esta Unión nin siquiera puido transmitir algún dos seus activos a quel malfadado CDS no que Adolfo Suárez pretendeu prolongar a súa vida política, tan meritoria no inmediato pasado.

Os grandes partidos consolidáronse en España con dúas opcións maioritarias a escala nacional e outra moito máis modesta –os outrora temidos por descoñecidos comunistas- xunto con media ducia de forzas nacionalistas que nestes momentos completan o panorama sociopolítico dun país que entende que nunca haberá listas abertas, que os partidos verticais son un mal menor, e que ou se vota ou a forza dos demáis votantes votará por ti.

Aparece agora UDP (Unión Progreso y Democracia) arredor de dúas figuras senlleiras que persoalmente despertan simpatía pero non garanten arrastrar detrás de si os milleiros de votos precisos para poder telos en conta.

Que poidan levar consigo os votos de "cabreados e resentidos" doutras forzas políticas nada significa porque estes mesmos sentimentos volveranos sentir en calquera forza á que se arrimen, xa que un militante acérrimo nin se cabrea nin se resinte, senón que arrima o ombreiro ou se vai para a casa.

Non estamos en épocas de xuntar esforzos, e cada vez menos; parece ser este tempo de exacerbar posturas, marcar diferencias, apostar a cabalo gañador. Nin parece que esteamos en épocas de crear novos partidos porque o desencanto que temos e detectamos non se cura cunha forza diferente senón co saneamento das actuais.

Quizais a situación poida definirse coa resposta que aquel católico deu ós evanxélicos que pretendían catequizalo: “Non me gusta a miña relixión, que é a verdadeira, e voume afiliar a outra que non me di nada novo!”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES