Téñolle medo ao medievo
Santalla, Iago - miércoles, 03 de abril de 2019
Veño de dar un obradoiro de diversidade. Veño de concienciar de abrir ollos e de escoitar. Veño de falar da diferenza, da complexidade humana e do seu enorme potencial.Veño de explicar a necesidade de cooperar crendo na humanidade e forxando interdependencias. Veño e séntome a ler as novas
Xorden preguntas:cara onde imos? Por qué se tira contra a liberdade? Por qué o sistema democrático acolle a Caín cos brazos abertos? Cantos cabalos de Troia nos cercan?
Téñolle medo ao medievo ao ver tantos aduladores do silencio. Tanto clasismo estamental. Tanto tradicionalismo agardando homoxeneizar. Tanto abuso revestido de farsa. Verdugos que se vitimizan e dáselles voz. Vítimas amordazadas. Se tes diñeiro podes comprar paraíso dixo Juan Ruíz. Tamén dixo que aos pobres dinlles que non son ilustrados.
O conto da criada é unha distopía irreal. Son uns esaxerados. Non é para tanto pero quen escoita reflexiona e non se deixa enganar nin amedrentar sabe que hai motivos para a preocupación.
Tomar conciencia leva anos, adquirir dereitos décadas, conquistar liberdades xeracións. Perdelo todo días
horas
quizais minutos

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora