Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Piedade Popular ao Santo Cristo de Goián, Sarria (8)

jueves, 28 de marzo de 2019
IX. Consideracións finais. Claves de interpretación
A devoción ao Cristo de Goián, a súa vitalidade segue sendo moi importante, recibindo nos nosos postmodernos tempos a centos de persoas cada ano. Indubidablemente a área de influencia do santuario en canto a súa operatividade reflíctese nos portentos, que se lle atribúen á entidade sacra que nel se venera. Sen prodixios non hai posibilidade de crear devoción, xa que, segundo Rodríguez Becerra, os feitos milagrosos son a manifestación do poder da imaxe, á que acoden todos os necesitados na procura da solución de doenzas ou de problemas de índole familiar e social(1). O milagre pode chegar a ser a concreción positiva dun acto de fe polo que se vincula o beneficiario dunha gracia cunha imaxe de devoción. De aí, que os romeiros teñan coa entidade sacra un importante código comunicativo, baseado na palabra e en certas actitudes somáticas, encamiñadas a acadar a súa protección e indulxencia así como o agradecemento por un favor outorgado. Esta comunicación queda reflectida nunha serie de promesas. Algunhas de carácter oficialista, como, oir misa e participar na procesión. Outras, pola contra, de raiz popular, como, calquera ritual de contacto coa Virxe ou os rituais que se levan a cabo na fonte ligada ao santuario.

Non embargantes, hai romeiros que denantes de entrar en contacto coa advocación cristolóxica se purifican realizando actos penitencias propiciadores da graza divina. Asi, neste santuario, manifestanse signos ligados coa penitencia, como vir caminando dende o lugar de orixe dos devotos. Camiñar é a forma máis sinxela de purificación e mortificación corporal. O carácter penitencial da romaxe está ligado ao esforzo, que debe realizar o ofrecido para chegar á meta romeira, acumulando así méritos que propician ao ente sacro.

Por outra banda, a dimensión sacra transmítese ao exterior dun xeito directo por medio da procesión. Así, a imaxe de devoción, que sae na mesma, santifica o espacio que percorre; e ademais proporciona unha enerxía positiva a todos os seres, que se encontran no mesmo. Respecto á disposición da procesión Álvarez Gastón distingue unha serie de trazos(2): trátase de manifestacións máis multitudinarias non só polos participantes activos senón tamén polos numerosos espectadores. No interior da comunidad local é algo que chega vitalmente aos fregueses. Ademais neste ritual é mester reparar nas imaxes, no xeito de levalas, no pobo que toma parte e no que mira, así como no espírito da celebración reflectido en cantos, rezos, e mesmo no silencio.

Finalmente, os oficios relixiosos do santuario compleméntanse cunha dimensión profana, que presenta un elemento de cohesión e comunicación do grupo social; tamén, constitue un xeito de liberación da sensibilidade, xa que é o momento no se que se tolera a ruptura das normas e regras que presionan e reprimen a conducta dos membros dunha comunidade. O baile, o canto e maila música, desencadenan emocións; a bebida e a comida facilitan a comunicación. Estes trazos lévanos a apreciar como en toda festa hai un tránsito do cotía a situacións onde poden ter lugar a espontaneidade, a diversión e o relaxamento dos costumes.

NOTAS:
1. BECERRA RODRÍGUEZ, S. (1992): « De ermita a santuario: reflexiones a partir de algunos casos de Andalucía». En : Romaría e Peregrinacións. Actas do Simposio de Antropología. Consello da Cultura Galega. Santiago.
2. ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo.: Ob. cit., 1981, páx. 8.

X. Suxestións bibliográficas
ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo.: La Religiosidad Popular, Madrid: B.A.C, 1981.
AMOR MEILÁN, Manuel.: “Provincia de Lugo”, en la Geografía General del reino de Galicia. Dirigida por F. Carreras y Candi. Editorial Alberto Martín. Barcelona.
ARREGUI, Gurutze e MANTEROLA, Ander.: “Religiosidad popular”, en Aguirre, Ángel (dir.). Diccionario temático de Antropología. Barcelona: Boixaneu, 1993.
BECERRA RODRÍGUEZ, S. «De ermita a santuario: reflexiones a partir de algunos casos de Andalucía». En: Romaría e Peregrinacións. Actas do Simposio de Antropología. Consello da Cultura Galega. Santiago, 1992.
BLANCO PRADO, José Manuel: Religiosidad popular en el Municipio de Begonte, Begonte (Lugo): Servicio de Publicaciones Diputación provincial, 1991.
BLANCO PRADO, José Manuel: Exvotos e Rituais nos Santuarios Lucenses, Lugo: Deputación Provincial, 1996.
CASTÓN BOYER, Pedro.: “La religiosidad tradicional en Andalucía. Una aproximación sociológica”, en CASTÓN BOYER y otros, La religión en Andalucía. Aproximación a la religiosidad popular. Sevilla: Edt. Andaluzes Unidos, 1985
CEBRIÁN FRANCO, Juan José. : Santuarios de Galicia (Diócesis de Santiago de Compostela), Santiago, 1982.
DELGADO, Jaime.: Santuario del Santo Cristo de Goián (Sarria) (Lugo), Vigo: Fama. Folleto.
DE SAÁ BRAVO, Hipólito.: Creencias del Costumbrismo Religioso en Galicia, Pontevedra: Deputación Provincial, 1991.
DÍAZ TEIJEIRO, José. (1971): Recuerdo del Santuario de Nuestra Señora de los Milagros de Saavedra (Lugo), Santiago : El Eco Franciscano, 1971
ELIADE, Mircea. Imágenes y Símbolos, Madrid: Ed. Taurus, 1979.
ESCALERA REYES, Javier.: “Hermandades, religión popular y poder en Andalucía”, en La religiosidad popular. III. Hermandades, romerías y santuarios, C. Álvarez Santaló, María Xesús uxo, y S. Rodríguez Becerra (coords.), Anthropos, Barcelona, 1989.
FIGUEROA PAZ, Antonio V.: Experto en Sistemas de Información Xeográfica (SIX). Autor do mapa de localización dos santuarios do municipio de Sarria.
FRAGUAS, Antonio (1988): Romarías e Santuarios , Vigo: Galaxia. Biblioteca Básica de Cultura Galega, 1988.
GALLEGO, Andrés.: “Práctica religiosa y mentalidad popular en la España Contemporánea”, en Hispania Sacra, 46, 1994.
GONDAR PORTASANY, Marcial.: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e nós-outros , Vigo: A Nosa Terra, 1993.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M: Guía de festas populares de Galicia, Vigo: Galaxia, 1997.
GONZÁLEZ REBOREDO, Xosé Manuel.: “A Mesta Fraga das Festas de Galicia”, en Tempos de Festa en Galicia. Entre os Reis e o mes de Maio. T.I. Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2006.
LÓPEZ ARIAS, Xaime.: Datos proporcionados do xornal “Sarria”. Anos: 1929, 1936, 1945
LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: “Paganismo e cristianismo na relixiosidade popular”, en Rev. Encrucillada , nº 9. Ed. Sept, Vigo, 1978.
MALDONADO, Luís.: “Dimensiones y tipos de la religiosidad popular”, en Concilium (Rev. Internacional de Teología), 206, 1986, páxs.9-18.
MALDONADO, Luís.: “Para comprender el catolicismo popular”, en Cofradías y Hermandades. Ed. Verbo Divino, Estella (Navarra), 1990.
MARIÑO FERRO, Xosé Ramón : Las Romerías / Peregrinaciones y sus símbolos, Vigo: Ed. Xerais, 1987.
MARIÑO FERRO, X.R. Santuarios mágicos de Galicia, Vigo: Ed. NigraTrea, 2003.
MOREIRAS SANTISO, Xosé: «A relixiosidade popular no sector rural», en Rev. Encrucillada , nº 9. Ed. Sept, Vigo, 1978.
MUÑOZ FERNÁNDEZ, Ángela: «El milagro como testimonio histórico. Propuesta de una metodología para el estudio de la religiosidad popular», en La Religiosidad Popular. T. I. Antropología e Historia , Anthropos, Barcelona, 1989.
PITT RIVERS, Julián.: “ L´identité locale vue á travers la fiesta”, en Coloquio Hispano-Francés. Culturas Populares. Diferencia. Divergencias. Conflictos. Universidad Complutense. Madrid, 1986.
PRAT I CAROS (1989): « Los Santuarios Marianos en Cataluña: una aproximación desde la etnografía», en La Religiosidad Popular .T. III. Hermandades, Romerías, Santuarios, Anthropos, Barcelona, 1989.
RIVAS BANDE, José Manuel.: “O Cristo de Goián”, en www.santocristodegoian.com
RODRÍGUEZ LÓPEZ, Manuel.: Viaxes con Anxel Fole, en www.manuelrodriguezlopez. org.
TABOADA CHIVITE, Xesús (1972): Etnografía Galega. Cultura Espritual , Vigo: Galaxia.
VALIÑA SAMPEDRO, Elías.: Inventario Artístico de Lugo y su provincia. T. III. Ministerio de Cultura. Dirección General de Bellas Artes, Archivos y Bibliotecas, Madrid, 1980.
VILLARABID, Víctor.: “ O Santo Cristo de Goián”, no Diario “El Progreso”, de 25-8-1983.
VOVELLE, Michel.: “La religión popular”,en Ideologías y mentalidades. Barcelona: Ariel, 1985.
WILLIAM CRISTHIAN, A. Jr .: Religiosidad popular . Estudio antropológico en un valle español. Madrid: Tecnos, 1978..
William CHRISTIAN, A. Jr,.: Religiosidad local en la España de Felipe II, Madrid: Nerea, 1991.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania