Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que parte de 'caciquismo' non entendiches?

jueves, 28 de marzo de 2019
Vénseme á cabeza o Ron Cacique, coa etiqueta caracterizada cun indio con plumaxe. O nome de cacique ven do que se lle daba ós xefes locais das comunidades taínas de América, e foi importado na idea de que eses xefeciños facían o que lles petaba nas súas comunidades, pola inexistencia de leis escritas e por ser considerados bárbaros sen tradicións. De aí que aquí, ó convertirse as leis, normas e costumes en papel mollado pola acción dalgunhas persoas con certo poder local ou a outro nivel, o nome viñera como anel ó dedo. E segue en vixencia total, sendo a rede caciquil un dos fundamentos das desigualdades de todo tipo que neste estado e neste país están á orde do día.

O cacique (soe ser home, aínda que tamén pode herdarse o posto ou mesmo xurdir por vía feminina) ten contactos na administración, de xeito que nos temas polos que se interesa, a administración pasa a ter unha compoñente importante de manexo privado. Os chiringuitos que teñen proliferado coa desculpa de facer as cousas de xeito máis eficiente (en troques de facer funcionar mellor a propia administración) deron un novo impulso, nova vida, ó caciquismo. Pois en resume son entidades que manexan o público de xeito privado por encargo da administración, personificada nos políticos de quenda no remprazo correspondente ou no anterior, que que para algo se acuñou hai tempo en España aquelo da alternancia entre conservadores e liberais. Claro que, voltando a aquela época, foi na que tivo lugar o desastre de 1898, só tivo un respiro ó quedar España fóra da Primeira Guerra Mundial, e rematou na ditadura de Primo...

O caso é que hoxe por hoxe, poñamos por caso Portos de Galicia ou Puertos del Estado, son entidades que controlan bens públicos, de todos, e nese sentido, comúns, de xeito opaco e con control deficiente cando non nulo. Sen control, sen dar máis explicación que algunha conta xeral de final de exercicio e unha relación de actividades nas que só aparecen as boas, pois as que non o son maquíllanse abondo e paréceno para pasar o trámite. Pedrilles contas? O goberno correspondente e 'en diferido', de xeito que se algún grupo de persoas quere chegar a enterarse de algo ten que procurar ter man no goberno para chegar a facelo. Goberno que por certo foi quen nomeou a xefatura do chiringuito, e polo tanto, a súa dirección, pero que non ten responsabilidade directa por vía legal.

Ese 'ter man' é a encarnación do caciquismo. E non val poder chegar á oposición que non tivera mando anterior que vaia coa 'alternancia', pois a cousa pasa tamén polo filtro da maioría dunha cámara, que se supón que está apoiando ó goberno e con representantes que antes da votación de elección polo pobo, foron designados por unha cúpula de partido na que tiña moitos puntos a xente do goberno. Por certo, que iso leva tamén ó caciquismo de diferentes niveis, sempre a través dos políticos ou quen os controla por cartos, amizade (interesada ou non directamente) ou por ambos, pois a relación entre poderes fai amizades e redes clientelares ou de favores tanto como dependencias económicas.

E por hoxe xa me despachei por escrito. Pero non aínda na loita diaria que -coido- debemos manter por unha sociedade máis digna e xusta que deixar ós nosos fillos, aínda que só sexa para compensar en parte o desastre ambiental que lles legamos. Sempre queda moito día por aproveitar.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES