É labor de todos
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 28 de marzo de 2019
Hai un refrán que di: Cousa de moitos, a casa sen varrer
Pero neste caso é labor de todos varrer moitas cousiñas que nos estorban para ser mellores como persoas, para ser máis felices e para construír un mundo mellor para todos.
Tamén hai unha canción que di: Si yo tuviera una escoba
¡Cuantas cosas barrería
!
Pois ben:
Todos temos unha vasoira en mellor ou peor estado que serve para varrer boa parte de todo canto nos impide ser mellores a nivel persoal e tamén a nivel social.
A nosa sociedade ten algunas enfermedades que se poden curar coa colaboración de todos, ou polo menos coa colaboración de tódalas persoas de boa vontade que somos a maioría:
-E LABOR DE TODOS RECUPERAR UNHA EDUCACIÓN EN VALORES, nos valores de toda a vida. Para eso non é imprescindible ter estudios, basta con ter sentidiño
Esta educación non é cousa tan só dos educadores. A escola, os institutos e a universidade, teñen outra misión.
A FAMILIA É A MELLOR EDUCADORA.
O FOGAR É A MELLOR ESCOLA PARA EDUCAR EN VALORES.
-É LABOR DE TODOS RECUPERAR O SENTIDIÑO, a formalidade, a lealdade, a fidelidade, o bo facer, a servicialidade
Cando unha persoa dá unha palabra, debe cumprila.
Ás persoas que consideramos amigas, debémoslles lealdade.
O ben feito, ben parece.
Unha persoa servicial, vale un imperio.
-É LABOR DE TODOS DEDICARLLE TEMPO Á INFANCIA: tempo, dedicación, xogar coa infancia, darlle consellos, contarlle contos dos de toda a vida, falarlle na lingua materna (sexa esta cal sexa)
Algo así como se viña facendo nos meus tempos no colo dos avós arredor da lareira.
É MÁIS DOADO ENCHUFALA Á TELEVISIÓN OU A INTERNET; pero
.
Eso na súa debida medida e cando corresponda.
Primeiro hai que darlle as ferramentas necesarias para que saiba facer bo uso deses medios tan importantes.
-É LABOR DE TODOS REGALAR LIBROS E XOGOS EDUATIVOS Á INFANCIA polo seu santo, polo seu cumpreanos, pola Pascua, polos Reis Magos.
Hoxe en día hai moitas persoas que regalan un televisor para poñer no cuato dunha criatura.
E pensan que lle fan un bo regalo porque gastaron moitos cartos.
¡Que enganados están!
Un cuarto pode ser un lugar de estudio, pero non é unha sala de estar para ve-la televisión unha criatura.
-É LABOR DE TODOS CONSERVAR O NOSO, o que viñeron facendo todos os nosos devanceiros se queremos seguir sendo un pobo con personalidade e identidade propias.
A LINGUA, OS COSTUMES, AS TRADICIÓNS
O QUE NOS IDENTIFICA, O QUE NOS FAI SINGULARES, O ENXEBRE
Eso que se valora tanto cando se visitan lugares con personalidade propia.
Eso que valora tanto o turismo hoxe en día.
Se valoramos o noso ante todo, saberemos valorar o dos outros na mesma medida.
Se non sabemos valorar o noso
¿Cómo valoraremos o dos outros?
-É LABOR DE TODOS CONSERVAR AS NOSAS FESTAS, as nosas romarías, as nosas festas patronais, as nosas cantigas, os nosos bailes, o noso folclore.
¿Quen o vai a conservar se non o facemos nós?
-É LABOR DE TODOS EDUCAR A INFANCIA PARA SER PERSOAS DE BEN, dando igualdade de oportunidades e tamén de responsabilidades a ámbolos dous sexos.
A cada un según as súas capacidades, na vida do fogar e na vida de cada día.
E
¡Moito coidadiño cos malos exemplos que lle estamos dando!
De nada valen os bos consellos se non predicamos cos bos exemplos.
-É LABOR DE TODOS RECUPERAR O RESPECTO ás persoas maiores, ó profesorado, ó personal sanitario, ás autoridades, ás persoas que pensan diferente
Hai un sitio para cada un.
Hoxe en día estamos alterando moito o lugar que lle corresponde a cada persoa según a súa idade e según o papel que lle corresponde na vida familiar e social.
O respecto canto máis se usa, máis brilla.
Canto máis se usa, máis medra.
É das poucas cousas que non se gastan.
Hai que usalo no día a día
-É LABOR DE TODOS CEDER O ASENTO a unha persoa maior, a unha señora embarazada, a unha persoa enferma.
A persoa xove, outro día será persoa maior.
Unha señora embarazada está facendo posible o milagre da vida, o relevo xeracional, a vida humana do futuro
Unha persoa hoxe está sa; pero mañá pode estar enferma.
As persoas enfermas merecen os nosos coidados con esmero e cariño.
¿Non nos gustaría que nos trataran ben se nos viramos nesa situación?
En fin
-E LABOR DE TODOS ERRADICAR A INDIFERENCIA coa que tratamos ás persoas, especialmenta ás máis delicadas ou ás máis febles.
É pouco probable que un pobre chegue a ser rico, pero pode ser que o rico perda canto ten cando menos espera.
-É LABOR DE TODOS RECUPERA-LA SENSIBILIDADE ANTE O MAL ALLEO.
Hoxe o mal está na casa do veciño, pero máñá pode estar na miña.
Ó longo dunha vida hai etapas para rir e otras para chorar.
A VIDA PASA FACTURA.
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes