Para Raul Galego
Otero Canto, Xosé - martes, 26 de marzo de 2019
Aí vén o irresistíbel ciclón
arrasando os prados e as carballeiras
cun limpo vento de pulmón osixenado
polo punteiro do Galego
coa imaxinación incorrupta.
O titán cabalga cos dedos de aceiro
as crins da égoa branca
amecendo notas escritas na mente inxente
que saen das covas do vento
e os dedos de Raúl son tapóns de sentimentos
que amecen belezas ripadas
e entrecortadas
coma maraños no prado de Chaira,
na luz que abre
No perfil das verbas

Na fotografía de Ángel Luis Utrera, Raul Galego acompañado á pandeira por Mero.
(Apunte para tres pezas interpretadas por RAÚL GALEGO no Ateneo de Ferrol con motivo da presentación do libro No perfil das verbas de Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero)
Otero Canto, Xosé
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora