Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Marcho para o Canadá

lunes, 25 de marzo de 2019
Mentres os políticos andan xa a toda mecha para acadar votos para o 28 de abril, un servidor andou a coller experiencia para marchar definitivamente para O Canadá. E creo que a collín. Creo sinceramente que xa podo ir de leñador para o país americano. Xa me considero un profesional da machada.

Por algo experimentei todo o inverno nas cepas da Costa da Gándara. E o sábado, exactamente, ás 12.58, dei por concluído o corte de todas elas. De todas as cepas que abarcaban preto dunha hectárea, que é moito terreo, que é moita cepa. Moita. E á machada. Si, xa sei que algúns pensarán nas motoserras. Con elas empecei. Pero o zume da propia cepa non deixaba que a cadea circulase como tiña que circular. Probei coa machada. Cuns cantos golpes, zas, cepa cortada.

Pero, ó pouco, fixen máis probas para dar os menos golpes posibles. Cunha peta (nas terras da miña muller) ou sacho (para min, sempre) escarvei un chisquiño, xusto para poder cortar por debaixo do nó, por debaixo de onde se enxertara a cepa. E a partir dese momento axiña me dixen que valía para marchar para O Canadá. En dous ou tres golpes, zas, cepa cortada. Aquilo era coser e cantar. Para a mente, claro, que para os cadrís e os brazos, non sei, non sei.

Certo que aínda queda moito traballo por facer: sacar as estacas e, o peor, arrincar mil postes de cemento ou máis. Pero todo se andará. O caso é que... alá van 20 anos de traballo escravo. Escravo si; porque unha viña grande é unha escravitude para dúas ou tres persoas tan só. Que practicamente non dá ningunha alegría. Nin tan sequera cando se cobra a colleita. Porque de todos é sabido que os prezos das uvas son como son. Perdón, son como ordenan. E os desgustos daqueles anos nos que ninguén che quería as uvas, arrabuñan de tal maneira a alma, que che queda un pouco de secuela para un bo tempo... noites sen durmir, cabreos, angustias, andar na procura de bodegas arrastrados coma monicreques, denunciar incluso a algunha porque se tirou anos sen pagar... un calvario!

Agora prefiro non pensar xa neses momentos. Agora toca dar unha volta polo Canadá para demostrar a miña profesionalidade coa machada.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania