Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O dano está feito

lunes, 25 de marzo de 2019
Hoxe empezo preguntando como se pode poñer en dúbida algo que recoñece a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a Convención de Nacións Unidas, a Constitución… Está visto que non hai tope nas discriminacións xeradas polo propio sistema, agora empeñado en cuestionar o voto. Calquera persoa que figure nun censo electoral enténdese que pode votar. Non hai máis.

Seguro que me comprenden mellor se lles lembro, por orde cronolóxica, tres titulares moi recentes:

1.- “Más de 100.000 personas con discapacidad intelectual podrán votar por primera vez el 28 de abril”.

2.- “La Junta Electoral Central permitirá a los partidos señalar a las personas con discapacidad cuyo voto cuestionan”.

3.- “La violencia de dudar del voto de las personas con discapacidad”.

Agora detallo un pouco máis. Como resultado dunha longa etapa de loita, no pasado mes de outubro apróbase, por unanimidade no Congreso dos Deputados, a reforma da O dano está feitoLei Orgánica de Réxime Electoral, precisamente para permitir o voto das persoas con discapacidade intelectual. Refórmase a Lei para acomodala á Convención de Nacións Unidas e con moita repercusión nos medios de comunicación.

Un logro conseguido, aínda que vén moi ao caso o dito de que “pouco dura a alegría na casa do pobre” porque a Xunta Electoral Central acorda algo insólito. A persoa pode votar, pero os interventores e os apoderados das mesas están autorizados a sospeitar sobre o voto. Poden considerar que non votou consciente, libre ou voluntariamente, anotan o seu DNI e fano constar en acta. É dicir, cando vaia votar será observada e valorada por persoas que non teñen nin idea da súa capacidade. O que se di “xulgar polas aparencias”. Ah! Non se esquezan, a papeleta xa quedou na urna como as demais. Se o voto vale, que sentido ten cuestionar e estigmatizar ao votante?

Primeiro presumen da reforma aprobada e despois convértense en xuíces para determinar, de maneira totalmente arbitraria, a validez das persoas á hora de votar. O resto dos cidadáns poden ir tranquilos porque non lles cuestionarán o seu voto. As persoas con discapacidade intelectual observadas por todos lados. Non se entende que a misión da Xunta Electoral sexa sementar dúbidas vulnerando así o esencial do dereito ao voto. Ata pode darse o caso de que persoas que xa votaban con normalidade, agora poden sentirse sinaladas.

Un despropósito máis. En todo caso tampouco é nada novo porque son cuestionadas en todos os ámbitos. Pensemos na escola, no traballo, no ocio, na rúa… Sempre salvando obstáculos. Ante as protestas de diversas Plataformas a nivel estatal intentaron aclarar, xustificar…, pero o dano está feito!!!
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES