Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A piedade popular ao Santo Cristo de Goián, Sarria (7)

sábado, 23 de marzo de 2019
Artigo dedicado a D. José Somoza Díaz, párroco da freguesía de San Miguel de Goián (Sarria).

2. Rituais individuais propios dunha liturxia popular
2.1. Rituais de contacto
2.1.1. Ritual de contacto activo coa imáxe estática

No flanco dereito do Santuario está situada a “Capela do Santo Cristo” . Bastantes A piedade popular ao Santo Cristo de Goián, Sarria (7)devotos tocan coas súas mans e panos a imaxe do Cristo e, logo, pasanos por algunhas partes dos seus corpos cunha finalidade profiláctica e sandadora.

2.1.2. Ritual de “Autoimposición”.
Hai devotos, que collen unha imaxe pequena do Cristo, situada enriba do altar central; bícana unha e máis veces e, posteriormente, deixan unha esmola nun petitorio, colocado ao seu carón.

2.1.3. Ritual de “poñer o santo”.
O párroco ou un dos cregos asistentes aos diferentes oficios relixiosos dan a bicar unha imaxe pequena do Santo Cristo a aqueles devotos, que o requiren. Hai anos, os poñentes dicían a seguinte xaculatoria:

“Santo Cristo bendito, te bendiga y te proteja hasta la muerte. Amén”.
“Rituais de contacto como “poñer o santo”…ou de tocar obxectos na imaxe para levalos á casa como portadores de graza ou poder do santuario, poden ser clasificados como formas de “maxia contaminante”, inspirada pola “lei de contacto”, que se basea no principio de que un obxecto posto en contacto con outro adquire as virtudes deste” (1).

2.2. Ritual de circunvalación
Hai anos, os devotos mercaban candeas á entrada do recinto sacro e daban unha ou máis voltas con elas arredor do mesmo de pé case sempre. Na actualidade este ritual non é habitual e só algún que outro romeiro/a o realiza.

2.3. Ritual da Fonte
Algúns devotos beben a auga da fonte e, tamén, levan o prezado líquido en botellas para as súas casas. Así mesmo, hainos que lavan a súa cara e os seus ollos . A función destes actos é de carácter profiláctico e sandador.

3. Ofrendas
3.1. As Misas

En ámbos os dous días os devotos ofrecen unhas 130 misas, que o párroco irá oficiando no transcurso do ano. O prezo de cada misa é de 10 euros.

3.2. A esmola en metálico
Os fieis e devotos levan a cabo esta ofrenda ao rematar algúns dos rituais de contacto, xa analizados. Tamén no transcurso dalgunhas das misas, que se ofician no templo. Asi mesmo, hai devotos, que deixan unha esmola nun peto no intre de coller unha das estampas do Santo Cristo; éstas encontranse enriba dunha mesa, situada preto do santuario.

3.3. Os Velóns (Cirios pequenos).
Trátase dunha ofrenda moi usual en bastantes santuarios. Neste, os romeiros adoitan ofrecer “velóns” de cor vermello, que deixan acesos ao carón do Xesús Nazareno; tamén soen colocalas enriba do altar central, presidido polo Cristo na cruz. O seu prezo é dun euro.

O cumprimento das promesas non so se realizan os días da festividade no santuario, senón que en calquera domingo do ano acoden fieis e devotos doutras comunidades parroquiais para pregar ao Santo Cristo a súa intercesión ante unha serie de peticións.

Denantes de retornar aos seus lugares de orixe, algúns devotos levan algún recordo do santuario. Así, adoitan mercar algún obxecto relixioso, como unha pequena imaxe do Santo Cristo; unha capeliña; un rosario; unha estampa… Hainos que mercan unha tira de rosquillas dun posto, situado ao carón do recinto sacro; o seu prezo era de 3 euros A piedade popular ao Santo Cristo de Goián, Sarria (7)nos anos 2014 e 2015. Finalmente, un pequeño grupo, asistente á misa solemne e a procesión, - no que incluímos aos invitados dos parroquianos- participan dun tempo de lecer, que ten lugar nun campo, ubicado preto do santuario. Alí, xa o sábado pola noite, realízase unha churrascada e pancetada; e, logo, case sempre un dúo musical ameniza o resto da noite. Nos días seguintes, domingo e lúns, un grupo musical e dúas orquestras seguen amenizando as sesións vermut e as verbenas, nas que se reflicte a mestura do grupo parroquial co foráneo. Non embargantes na actualidade, cando hai algunha festa
na comunidade parroquial, algúns dos poucos mozos, que fican na mesma, adoitan non participar nas verbenas. O motivo é debido á implantación de novas pautas de lecer pola bisbarra.

A festa profana, ligada ao Santo Cristo, realízase co diñeiro, que lle dan á parroquia de Goián pola instalación dalgúns muíños eólicos no seu monte; tamén, da lotería que os ramistas venden no Nadal; da venda de rifas, destinadas ao sorteo dalgúns animais domésticos: cordeiros, cabritos…; asi mesmo cómpre sinalar a contribución de varios donativos para este fin.

VII. Feitos transcendentais do Santuario
1º. A principios do século XIX, con motivo da guerra da Independencia, os franceses profanaron este santuario, tentando arrincar a imaxe do Santo Cristo do seu camarín. Por tal motivo, usaron unha forte panca de ferro mais non puideron acadar o seu pérfido propósito. Como proba do feito acaecido, a devandita panca estivo colocada durante un bo número de anos entre a cruz e a imaxe.

2º. No ano 1826, D. Antonio de Castro, natural de Goián, enviou misivas e solicitudes a todos os señores arcebispos e bispos de España en sinal de gratitude ás axudas acadadas do Santo Cristo. A súa intención era conseguir gracias espirituais para todos os devotos, que visitasen a devandita imaxe. O intento non resultou en vano, xa que todos os responsables das diferentes archidióceses e dióceses concederon as indulxencias da súa xurisdicción, sempre e cando se realizasen algunhas obras de piedade e mortificación, ou se rezasen varias oracións diante do Santo Cristo (2).

3º. D. Diego Castro, natural de Madrid e descendente do anterior persoeiro, en agradecemento por sandar dun caso de hidrofobia doenza incurable para a menciña daquela época doou un inestimable vestido, que cobre na actualidade a imaxe do Santo Cristo. Ademais tamén regalou unha fermosa lámpada, que brilla dun xeito constante diante do seu altar (3).

VIII. Poema de Edmundo de Liz sobre o Santo Cristo de Goián

Santo Cristo de Goián,
consuelo del desgraciado,
a Ti me ofrecí enfermo
y Tú me volviste sano.

De rodillas me postré
y recorrí tu sagrado,
como a mi, también a otros,
por la fe los has salvado.

En tu amoroso recinto
en la cruz yaces clavado,
albergue de los afligidos,
de sordos, ciegos y mancos.

Al que viene a visitarte
falto de esperanza y salud
y de veras a Ti implora
le concedes la virtud.

Adiós bondadoso Cristo
que vivo para adorarte,
y nunca pienso dejar
de venir a visitarte.
Único vergel de amor
consuelo del moribundo,
que espiraste en la cruz
para redimir al mundo.

Por eso a Ti te quieren
y por eso te veneran
y de rodillas se postran
y silenciosos te rezan.

A cual más y por porfía,
te quieren y te regalan,
adios Cristo de Goián,
ten piedad de los que te aman.

Edmundo de Loz. Goián, 1/10/1967.

NOTAS:
1. GONZÁLEZ REBOREDO, Xosé Manuel.: “A Mesta Fraga das Festas de Galicia”, en Tempos de Festa en Galicia. Entre os Reis e o mes de Maio. T.I. Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2006, páx.29.
2. RIVAS BANDE, José Manuel.: Ob. Cit.
3. BLANCO PRADO, J.Manuel.: Ob. Cit.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES