Os locales de cine, en crise
Editorial - lunes, 17 de diciembre de 2007
Se Internet é o fenómeno social e tecnolóxico do final do século XX e comezos do XXI, o son e a imaxe conxuntados no cine e na televisión fórono para o século XX, no que a cultura audiovisual se impuxo decisivamente en todos os aspectos, en todos os sectores, e aprendemos a mirar e escoitar, e a vida foinos entrando polos sentidos da vista e do oído.
Os cines extendéronse pola xeografía galega como unha mancha de aceite. Cada concello, un cine. Alomenos.
Nos anos sesenta comezou a crise. Á vez que se extendía a televisión, creábanse os teleclubs, aumentaban os televisores particulares, modernizábanse as casas, aumentaban as comodidades, os galegos volviámonos máis sedentarios. E os cines entraron en crise.
Desde entón, o cine tivo na imaxe e son os seus peores competidores. Aumentaron, multiplicándose, as cadeas de televisión que xa non emitían algunhas horas no lusco fusco, senón que emiten todas as vintecatro horas.
O resultado está á vista: Morreron a inmensa maioría dos cines, dándose o triste caso de que en Lugo cidade non existe unha sóa sala, quedando unicamente as pantallas existentes nun macrocentro comercial.
A crise é xeral, agravada pola competencia das películas en DVD, legais ou falsificadas. E, desde agora, agravada tamén polo precio, que sube, sendo o cine máis caro de España o que se proxecta nas cidades de Barcelona, Madrid e A Coruña.
A crise non é do cine, que está en momentos de máximo esplendor. A crise é das salas cinematográficas, que corresponden a un modelo con evolucións máis esteticas que estructurais- que leva un século en vigor. Quizais sexa o momento de cambiar o modelo.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora