Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Machismo en 2019

miércoles, 20 de marzo de 2019
En cada ano que comeza, sempre agardamos tranquilidade, progreso social, mellores condicións para a convivencia… e que os rapaces que se van incorporando á vida colectiva, sexan exemplo no que mirarse os que sabemos de tempos máis desiguais, de ignorancia, de violencia, de crispación.

E ano tras ano tememos que non se estea progresando, que ás veces se retrocede, que a violencia, o machismo, o abuso e o crime seguen vivos no Estado do que formamos parte. E sen embargo, isto móvese, a conciencia de igualdade e de respecto entre sexos afiánzase, e ningún ser humano consciente, cabal, e libre de sustancias asasinas, pode tolerar as agresións do forte ao débil, do grupo á individualidade, do home á muller.

Nos meus tempos mozos, nos pobos, todos sabíamos de problemas nas parellas, nos matrimonios. Pero o contorno familiar era un muro de silencio e a Lei nunca escrita pero de xeral cumprimento era que unha persoa, aínda sabendo que existían problemas e violencia, non podía meterse nun asunto matrimonial… o que ocorrira nunha parella era só cousa desa parella. E desto non hai máis de cinco décadas.

Por outra parte, como o fenómeno pode dirixirse en ámbalas dúas direccións, non só era frase de utilización humorística a de “A muller que lle pega ao home, fai ben se pode”, senón que chegou a haber representacións gráficas e figuras con ese texto que hai tempo desapareceron das tendas de agasallos.

Porque é un fenómeno do que nunca se fala -apareceu de refilón no dialogo entre o PP e Vox en Andalucía- o do maltrato da muller ao home, que ogallá sexa unha excepción pero eu tiven un amigo benquerido que sufríu grave agresión física e moral, como parte máis sensible dunha parella desaxustada.

Este 2019 está sendo pródigo en agresións sexuais e violencia machista, pero non é para miralo con recelo porque o ano non ten culpa, xa que só é o marco temporal no que exercitamos as acción máis nobles ou as que máis nos envilecen.

Moito temos avanzado en conciencia do problema. E moito queda por facer, especialmente na educación dos rapaces, da que todos somos responsables na nosa casa, na nosa familia.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania