Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un futuro con grandes retos

jueves, 21 de marzo de 2019
Non sei por que, pero sempre pensamos no futuro:
-Na infancia soñamos con facernos maiores.
-Na adolescencia soñamos con alcanza-la maioría de idade .
-Na xuventude pensamos en como construir a propia vida adulta.
-Na idade adulta soñamos que os nosos descendentes teñan unha vida mellor que a nosa.
-Na ancianidade soñamos con aproveita-lo tempo ó máximo e que o paso á outra vida sexa levadeiro.

En fin…
Cada etapa da vida ten os seus retos.
PERO COMO SOCIEDADE EN XERAL TAMÉN TEMOS MOITOS RETOS.

Todos temos moitos soños que cumprir que conlevan as súas correspondentes responsabilidades.

Podemos dicir que a nosa sociedade avanzou moito nos últimos tempos.
Eso é ben certo; pero AÍNDA TEMOS MOITOS PROBLEMAS PENDIENTES DE RESOLVER:
-Un deles é O TRABALLO: a inmensa maioría das persoas precisamos gaña-lo pan coa suor da nosa fronte para poder sobrevivir.
Moitas persoas non atopan o traballo que desexarían, están preparadas para unha cousa e teñen que facer outra.
Outras teñen traballo pero tan só a tempo parcial e gustaríalles poder traballar todo o día para gañarse o sustento e poder cotizar para o día de mañá ter unha xubilación digna.
Outras teñen traballo temporal: hoxe si, maña non. Hai moitas persoas que lles costa conseguir un contrato indefinido.
Outras persoas queren facerse funcionarias do Estado, pero as prazas tamén son limitadas e conseguilas non resulta nada doado.

AFORTUNADAMENTE, HOXE EN DÍA: MULLERES E HOMES, HOMES E MULLERES QUEREN TER O SEU PROPIO MEDIO DE VIDA.

Natural; pero a infraestructura laboral aínda non está á altura das circunstancias.
Moitas persoas desexan superar ese reto.

OUTRAS MOITAS DESEXAN FUNDAR UNHA FAMILIA: casarse e ter fillos.
En tódolos tempos foi difícil fundar unha familia; pero hoxe en día non o é menos.
¿Por qué?
Por múltiples razóns, entre as que destacarei as seguintes:

-UNHA BOA PARTE DA NOSA XUVENTUDE NON FOI FORMADA NO SACRIFICIO, NIN NO COMPROMISO, NIN RECIBIU A FORMACIÓN MORAL NECESARIA para afrontar boa parte das dificultades da convivencia diaria.

Se queremos que a sociedade funcione como é debido temos que darle as ferramentas necesarias: O RESPECTO, A AUTORIDADE E A MORALIDADE ESTÁN FALLANDO MOITO.
Son un reto pendiente neste momento.

-OUTRA BOA PARTE NON RECIBIU A NECESARIA FORMACIÓN DE XÉNERO: coa incorporación da muller á vida laboral fóra da casa, as cousas cambiaron como da noite ó día.

Este é un cambio que temos que asimilar todos en xeral, desde os avós ata os recién nacidos.

Está costando moito.
Está costando moito sangue, moita suor e moitas bágoas; pero témolo que superar.
Non queda outra.

-OS PODERES PÚBLICOS TEÑEN QUE POÑERSE Ó DÍA CREANDO NOVOS SERVIZOS PARA QUE A VIDA DE FAMILIA POIDA COMPATIBILIZARSE COA VIDA LABORAL E COA VIDA SOCIAL.

Non sei que estamos esperando para apoiar a natalidade.
SEN NATALIDADE, NON HAI RELEVO XERACIONAL E SEN RELAVO XERACIONAL …Todos entendemos o que pode pasar.

- OUTRO GRAN RETO A SUPERAR É A SEGURIDADE CIDADANA. Hoxe en día hai moitísima inseguridade.
Non ten por que ser imposible conseguila.

O día que a consigamos estes retos, seremos unha sociedade moito máis madura e moito máis civilizada.
Ata poderíamos ser un país exemplar.
Mentres tanto, toca seguir loitando.
“É LABOR DE TODOS”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES