Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

The Pad Project

miércoles, 20 de marzo de 2019
Veño de ver o documental de Netflix Una revolución en toda regla de Zetabchi, que gañou, entre outros premios o Óscar á mellor curtametraxe documental.

Trátase dun proxecto en países subdesenvolvidos, neste caso India, que ten como obxectivo desestigmatizar a regra e, con ela, todo o rexeitamento que a muller sofre pola súa causa. É curioso como as crenzas contribúen a desnaturalizar á humanidade impulsando as persoas a negar o seu propio ser.

Neste sentido, o primeiro que tivo que facer o proxecto foi pedagoxía con mulleres. Esta pedagoxía lévanos a ver como a regra aparta ás mulleres da sociedade, contribuíndo a un tabú que leva a unha ignorancia tan consciente como consumada. O problema vén cando esta ignorancia deriva nun risco sanitario producido por unha hixiene extremadamente precaria. Entón, de novo, a muller por selo, vese obrigada a poñer en risco a súa propia vida por algo que é innato e consubstancial á natureza que a caracteriza.

Non cabe dúbida de que había que intentar reducir este risco e, xunto con el, atacar todas as exclusións derivadas dun estigma sociocultural carente de sentido. Unha destas exclusións é a educativa. Dende a primeira regra, as nenas deixan de ir ao colexio debido ás dificultades para mudar o pano cando se sangra. Era necesario rachar o tabú para protexer a saúde e a educación das mulleres e de aí nace The Pad proyect. Con el finánciase unha serie de infraestruturas que non so contribúen á saúde feminina senón que a través do proceso de elaboración de compresas foméntase a súa inclusión sociolaboral, un camiño que as leva a ter unha fonte de ingresos e polo tanto unha autonomía financieira fronte ao home.

Todo isto que parece sinxelo, está forxando un cambio radical nas mulleres a través da formación dunha conciencia propia que lles abre camiños como raiolas de luz nas que visualizan todo o que poden chegar a ser.

Moitas veces dise que o liderado e o empoderamento feminino é distinto do masculino, desenvolvéndose con características propias e recoñecibles. Creo que The Pad Proyect é un exemplo perfecto disto. O cerne dun liderado que nace sobre as cinsas dun estigma para asaltar a liberdade persoal.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES