Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Nova Poesía Guitirica NPG presenta a súa páxina web

viernes, 22 de marzo de 2019
A NPG Nova Poesía Guitirica lanza a súa web, http://npggazeta.gal plantexada como unha revista poética dixital aberta a outros grupos poéticos de base e coa vocación de ser nun futuro tamén revista en papel.

A web, conta xa con unha primeira colaboración como exemplo de Antón de Guizán (NPG) e Toño Núñez e a sección ESTRAPERLO de publicacións dixitais para descargar gratuitamente.
A Nova Poesía Guitirica NPG presenta a súa páxina web
En proximos días estrearemos cabeceira con deseño da artista Luz Darriba.

O consello Editorial está constituido por unha persoa de cada grupo poético (Poesía galega ceibe da Costa da Morte, Moraima de Ferrolterra, In Nave Cívitas da Coruña e NPG da Terra Chá). Ao Consello Editorial iranse incorporando tantas persoas como grupos se adiran no futuro, dos que se prevén novas incorporacións nos próximos días. A coordinación corresponde ao poeta Moncho Bouzas (NPG).

A debuxante vilalbesa Isabel Pardo é a encargada das ilustracións, que comezaron xa cos retratos dos poetas participantes.

A NPG GaZeta será on soporte básico dos certames futuros, tanto para as convocatorias como para as publicacións e tamén o motor de colaboración entre diferentes colectivoa poéticos de base.

Este novo paso consolida o camiño comenzado o 23 de outubro de 2015 pola NPG, que en pouco máis de tres anos se ten convertido en referente da actividade poética chairega e mesmo alén da comarca polo dinamismo e orixinais propostas de participación aberta. Vilariñas, Poemas pendurados de farolas, publicacións dixitais, recitais, concertos, xornadas... teñen convertido á NPG nun dosn grupos poéticos máis activos do país.

Ao éxito do facebook con máis de 3000 aderid@s, a Nova Poesía Guitirica suma agora plataforma web para sumar cualitativamente na difusión da poesía galega dun xeito directone en rede.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES