Os vilares visita Caldaloba
Os Vilares, Lareira de Soños - miércoles, 20 de marzo de 2019

Será o próximo sábado 23 de marzo ás 6 da tarde o local social da Asociación de Veciños de San Martiño de Pino, en Caldaloba, Cospeito, acollerá a inauguración da exposición fotográfica VilarEXPO, de Luís de Fabete sobre a natureza e o patrimônio dos Vilares e a proxección do exitoso documental ENTRAR AOS VILARES, de Cibrán Tenreiro. Despois da Primeira toma cultural de Caldaloba celebrada no pasado mes de setembro, a Lareira de soños e a Asociación veciñal de Pino, celebran unha segunda colaboración entre entidades do rural chairego. As 33 fotos a cor de 50x70 cms. de VilarEXPO permanecerán un mes no local para que podan ser visionadas polos veciños. O documental servirá para complementar a inauguración e ao remate da proxección terá lugar un coloquio entre os autores da das fotografías e do filme cos asistentes ao acto. Entrar aos Vilares será proxectado o día 28 no Campus da UDC en Canido-Ferrol nas xornadas do Master avanzado de bibliotecas, arquivos e museos adicado aos Frescos dos Vilares. A comenzos de abril, o noso documental participará tamén na Mostra de cine galego de Begonte, organizada pola Asociación Castiñeiro Milenário.

Os Vilares, Lareira de Soños
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora