Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A NPG promove o nome 'Vilariñas' para os micropoemas galegos

martes, 19 de marzo de 2019
"Teño unha amiga na Arxentina que escribe micropoemas e chámalles Haikus. Vouna chamar e decirlle que a partir de agora non lles chame Haikus, que se chaman A NPG promove o nome 'Vilariñas' para os micropoemas galegosVILARIÑAS".

Así se manifestou Victor Freixanes despois de escoitar a presentación das Vilariñas pola NPG Nova Poesia Guitirica.

A NPG Nova Poesia Guitirica reuniuse esta semana co presidente da Real Academia Galega da Língua, Victor Freixanes. Branca Villar e Antón de Guizán deron a coñecer ao presidente da academia a labor que desenvolve este grupo poético do concello do poeta Díaz Castro e da intención de promover un nome próprio para os micro poemas galegos.

Para ese obxectivo creouse o Certame VILARIÑAS, que non pretende ser un concurso poético senón unha canle de participación poética en forma de micropoemas que leve a dar nome propio a un xénero que ten adoitado unha descrición técnica fría (micropoema) como nome de pila ou un termo importado do outro lado do mundo (HAIKU) para chamalos.

O Vilariño dos Cregos nos Vilares, lugar de orixe do poeta e a referencia poética á "herba pequerrechiña" do seu poema Esmeralda, foron a fonte de inspiración das VILARIÑAS, ese símbolo do valor e importancia das cousas pequenas, que tan ben ten ensalzado o poeta e que con só dúas edicións, xa teñen acadado un importante éxito de participación e popularidade.

A NPG fixo entrega a Victor Freixanes dunha mostra das máis de 300 VILARIÑAS presentadas ao certame e dun broche de Díaz Castro elaborado artesanalmente pola poeta Branca Villar.

O presidente da Real Academia amosouse entusiasmado coa idea de dar mome proprio A NPG promove o nome 'Vilariñas' para os micropoemas galegosaos micropoemas galegos e pareceulle moi boa a proposta de VILARIÑAS, tanto polo simbolismo como polo pola simpatía que trasmite a propia palabra amosandose disposto a colaborar na difusión desta idea e mesmo brindandose abparticipar na entrega dos prémios do bindeiro certame, no que se entrega de premio ás VILARÍÑAS gañadoras unha figura deseñada pola artista de Costa da Morte, Viki Rivadulla e que representa a unha muller galega con un paxaro na cabeza, simbolizando á inspiración e a creatividade.

Até agora, @s gañadores/as dos certames foron Andrea Araújo (A Garda), Pedro Rielo (Pontevedra), Toño Núñez (Navia), Beatriz Dourado (Lugo), Mila Villanueva (Valencia) e Cris Amoedo (Vigo), embaixadores/as da micropoesía galega con nome próprio: VILARIÑAS.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES