Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia no Diálogo Académico Estratéxico con China sobre América Latina

Ríos, Xulio - viernes, 14 de diciembre de 2007
Nun encontro mantido en Pequín entre os directores do Instituto de América Latina da Academia de Ciencias Sociais de China e do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), Zheng Bingwen e Xulio Ríos, respectivamente, acordouse fomentar a colaboración conxunta en materias relacionadas coa evolución política en América Latina, a presencia das respectivas diásporas no citado continente e as oportunidades de triangulación das relacións, especialmente no eido empresarial.

Ambos centros, que asinarán en breve un protocolo formal para institucionalizar a súa cooperación, proxectan establecer no decurso do ano próximo un “Diálogo Académico Estratéxico” sobre América Latina coa participación de representantes chinos, latinoamericanos e especialistas galegos.

O Instituto de América Latina da Academia de Ciencias Sociais de China é a maior e máis relevante institución académica do xigante oriental para o estudo dos problemas latinoamericanos e foi fundado hai máis de cinco décadas. Zheng Bingwen amosouse moi interesado na calidade dos traballos e as iniciativas desenvolvidas polo IGADI en relación a América Latina.

Na Conferencia Anual sobre as tendencias en América Latina que cada ano convoca este Centro, a celebrar no próximo mes de febreiro, haberá, por primeira vez, participación galega. 
Ríos, Xulio
Ríos, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES