Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A luz acesa de Anxo Boán

lunes, 18 de febrero de 2019
Remato de ler o libro último do escritor e poeta chantadés, Anxo Boán Rodríguez, “Déixame a lúa acesa”; unha creación cun alto grado de calidade que leva a actual poesía galega á conquista dun espacio altiveiro e define os vieiros polos cales avanzan un bo número de poetas da nosa terra.

O libro conta coa portada e fermosas ilustracións de Miranda García Fonseca e un minucioso e riguroso limiar do tamén poeta e crítico literario Xosé Manuel Eyré Val, co que coincido plenamente cando sinala que “Anxo Boán escolleu ser poeta. Mensaxeiro da musa. Porque Anxo Boán recupera a musa, esa figura tan importante ao longo dos séculos que inspirou ós poetas”, e engade Eyré Val que Anxo Boán entréganos así un poemario de expresividade limpa, clásica nos días que corren, que recupera a métrica e a rima e, sobre todo, o fulgor do sentimento como motor da vida. Unha poesía pura e pouco retórica. Lírica que fala co corazón na man, ou nos versos, unha vibración da alma, unha reacción do espírito. Unha maneira de vivir, de vivir e coñecer, de coñecer e amosarse, amosarse ante os demais, compartirse, revelarse. A poesía de “Déixame a lúa acesa” é revelación, unha delicadeza da alma que agroma no verso.

Quixera engadir que vivimos nun tempo perturbado, a pesar de que no fundamental a esencia da mensaxe da poesía de Anxo Boán siga indemne, siga fiel ó que está detrás, ao que está máis aló da realidade aparente.

A súa obra, creo eu, non e só o fruto duns sentimientos ou duns anos, senón de toda a vida. A súa obra madura e confórmase co paso do tempo, porque sabe a onde vai, porque sabe o lonxe que quedan seus límite, porque calibra a dimensión do que o conmove, do que lle turba.

Plasmar sobre un papel branco, sen mancha, inmaculado, o latir dun corazón tan nobre e puro como o de Anxo Boán é case pretender chegar, coa pruma, ó inmortalizado. Seus rasgos poéticos -emanados do fondo da alma- son precisos, libres, como o verdadeiro amor, e levan no seu canto un timbre tan especial que só a través dos sensores profundos da alma poden ser percibidos.
Rodríguez Porto, Ramón
Rodríguez Porto, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES