Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A World Wide Web e nós

sábado, 16 de marzo de 2019
Lembroume onte o meu amigo Antonio Andina que hoxe, 13 de marzo, a web cumpre anos. E rescatei un vello artigo meu publicado na rede, ‘O comezo da historia de Ribadeo en internet’, onde queda dito que ámbolos dous puxemos o noso gran de area nesa historia dixital de Ribadeo.

O que se celebra hoxe, día 13 de marzo de 2019, son os trinta anos dunha proposta que daría pé ó protocolo que levou á rede a onde está hoxe, despois de aceptar polo camiño melloras múltiples na infrastrutura e na programación.

Ven isto a conto de dúas cousas (principalmente).

Unha, que 'a rede', 'a web' ou como queramos chamalo (de xeito estrito poden considerse cousas lixeiramente diferentes) é algo que se foi facendo e evolucionando, e non se pode dicir con total propiedade que nacera o 13 de marzo de 1989. Mais os humanos somos así, e necesitamos asentar as cousas e simplificalas, asignarlles algo concreto -sexa un nome, unha partida de nacemento...- para poder tratar con elas de xeito máis natural e exercer o noso ocntrol. Cos seus efectos perversos: iso inclúe o levantar as persoas que están no punto xusto no momento adecuado dese nome, dese ‘nacemento’, e deixar sen recoñecemento adecuado a outras moitas que fixeron posible ese momento e lugar ou o seu aproveitamento. Algo que se engade a outros sesgos e que fai o recoñecemento no momento e a historia humana en conxunto, ás veces algo moi inxusto.

A outra, que é evidente que calquera que fora a nosa actuación, de non existir nós, 'a' e 'as' web terían chegado de modo parello a Ribadeo ou a calquera outra parte do mundo, cunha evolución presumiblemente non moi diferente á observada. Unha evolución que, mirada en conxunto, sen particularismos, sempre é nebulosa: hoxe, Google, o buscador usado pola maioría da xente, devolve 5 370 000 entradas se se lle pregunta por Ribadeo, moitas para trazar uns límites precisos. Pero tampouco se pode fiar un diso: se procuro por min mesmo, aparecen máis de 12 millóns de resultados asociados por diversas circunstancias, aínda que sexa evidente que as referencias a Ribadeo en internet sexan abondo máis que as referidas á miña persoa, e poda desbotar resultados só con botar unha ollada ás primeiras páxinas da lista. Na web as cousas poden ser moi diferentes do que parece a ollo nu mirando unha rúa ou unha leira. Por iso a extensión das 'fake news', as noticias falsas, mesmo orixinadas en lugares relativamente tan pequenos como Ribadeo, aínda que por ser nun espazo máis reducido sexan tamén máis doadas de identificar.
A World Wide Web e nós
Volvendo ó tema, dende as primeiras páxinas web ribadenses, aló por 1996, internet ten cambiado de múltiples xeitos, e tamén de múltiples xeitos a calquera lugar como Ribadeo ou moi diferente a el. Tantos, que fai posible ese termo, 'difuso', que mencionei antes sobre todo pola dificultade de atopar os límites desa incidencia no cambio.

Polo contrario, Ribadeo non ten cambiado a internet, e se hoxe voltara a haber algo como o ‘plan E’, a bó seguro o acento da petición das subvencións sería aínda en cemento ou semellante, como o foi no seu momento, xa cun desenvolvemento amplo das que aínda se seguen a chamar ‘novas tecnoloxías’ quizáis só porque evolucionando, seguen a parecer novas.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES