Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

#SalvemosOsFrescosDosVilares

viernes, 15 de marzo de 2019
V Séculos de Nós/ Frescos dos Vilares

Si a semana pasada solicitabamos que se incluiran as pinturas murais aonfresco da igrexa dos Vilares na LISTA ROJA do Patrimonio a nível estatal, esta semana enviamos tamén a solicitude para que os frescos de estilo gótico hispano flamenco da nosa #SalvemosOsFrescosDosVilaresparroquia sexan incluídos na LISTA VERMELLA DO PATRIMONIO GALEGO.

O risco de perda definitiva destas importantes pinturas debe ser tido en conta polas diferentes administracións e igrexa para a súa salvación definitiva. Nós, seguimos a demandar por tódolos medios a súa restauración urxente. Resulta irresponsábel que das forzas políticas de Guitiriz e diante do preoculante estado dos frescos, únicamente os nacionalistas se teñan manifestado avertamente pola súa recuperación e que mesmo teñan levado o asunto ao Parlamento Galego. Despois dun ano desta iniciativa, a Xunta de Galicia aínda non ten iniciado os trámites aprobados na Comisión de Cultura para dotar de orzamento a restauración das pinturas e que o PSOE, que goberna na Deputación Provincial, teña mentido diante da Valedora do Pobo decindo que non financian obras da igrexa e a pesares de pertencer estas a un concello gobernado polo seu partido.

Que os intereses politicos de parte se prioricen sobre a necesaria restauración dun elemento artístico de grande importancia, non ten xustificación. É por isto que seguiremos a reclamar por diferentes vías esta actuación que cada día que pasa acentúa o risco de volver irrecuperábeis os frescos. A máis que posíbel inclusión dos Frescos dos Vilares nas listas vermellas do patrimonio a nível de estadone galego, debera sacar as cores ás administracións responsabeis, Xunta, Deputación, Concello e Igrexa e actuar definitivamente diante desta vergoña.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES