Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ir indo, ir facendo...

jueves, 14 de marzo de 2019
Cando lle preguntas a algunas persoas:
¿Que tal? ¿Cómo está?¿Qué tal a familia?
Adoitan a contestar: Vou indo, imos indo…
Cando lle preguntamos a outras, contestan: imos facendo…

En ningún dos casos din nada en concreto:
-A veces é porque non lles interesa contestar.
-Outras porque teñen días de sol e días nublados.
-Outras porque lles pesa moito o negativo
-Outras porque non saben valorar o positivo.
-Outras…

Se non lles interesa contestar pode ser que a pregunta resulte inoportuna ou ben que non souberamos plantexala no momento oportuno.

Se teñen algo de todo na vida, é normal.
Ó longo da vida, unhas veces acertamos e outras fracasamos.
Entra dentro do normal.

Cando nos pesa moito o negativo: unha enfermidade grave, un accidente, un fracaso escolar reiterado, unha ruptura familiar, a perda dun ser querido…pode ser que se encontren un tanto “destrozadas”

Por estas etapas tamén pasamos todos algunha vez:
-As enfermedades déixan o ánimos polo chan.
-Os accidentes poden destrozar unha vida.
-Os fracasos escolares reiterados tamén dan moito sufrimento ás familias.
-E cando perdemos un ser querido é como se nos cortaran un bocado de nós mesmos:
¡Sángranos a alma!

Tamén hai persoas que lles gusta ir lamentándose pola vida.
A veces laméntanse con razón; pero a maioría das veces é para chama-la atención.
Para que teñemos consideración delas porque lles falta cariño, ou apoio ou non tiveron sorte na vida.
E hai casos que se lamentan por envexa.
A envexa fai moitas diabluras.
As persoas que teñen envexa son un tanto “perigosas”.

Pero fronte ás persoas con envexa tamén as hai moi caritativas, moi xenerosas, moi altruistas, moi bondadosas.
Eso pasa para que se manteña o equlibrio no mundo.
Se non houbera envexa tampouco destacaría a caridade, a xenerosidade, a bondade.
Afortunadamente hai moitas persoas cun corazón moi grande. Grazas a elas a vida faise máis levadeira.
Grazas a elas: IMOS INDO, IMOS FACENDO.

Con todo: O TIPO DE PERSOAS QUE MÁIS ALEGRAN A VIDA SON AS POSITIVAS.
AS PERSOAS POSITIVAS SABEN VALORAR CANTO DE BO ENCONTRAN NELAS MESMAS, NA VIDA E TAMÉN NAS OUTRAS.
SABEN ENCONTRAR BONDADE E POSITIVIDADE NOS GRANDES E NOS PEQUENOS DETALLES.
SABEN DEIXAR E UN LADO O NEGATIVO E SEGUEN CON OPTIMISMO O SEU CAMIÑO.
E SON MOI PERO QUE MOI AGRADECIDAS.
Con este tipo de persoas dá moito gusto estar, saben envolver a vida en “pan de ouro”.
É un luxo telas como parentes, como amigas ou como veciñas.
Son moi boas cos demais e moi sufridas consigo mesmas.
Esas persoas teñen o ceo gañado.
SON UNHA FORTUNA PARA ELAS MESMAS, PARA A SÚA FAMILIA, PARA AS SÚAS AMISTADES E PARA A SOCIEDADE EN XERAL.
Son persoas que non soamente “van facendo”, non soamente “van indo”; senón que VAN FACENDO O BEN, VAN CREANDO BOCADIÑOS DE VIDA AGRADABLE, VAN CREANDO HARMONÍA E FRATERNIDADE...

Grazas a este tipo de persoas, o mundo avanza.
Unhas veces avanza a maior velocidade e otras e menos; según as circunstancias do momento.

En tempos dos nosos antepasados a vida levou un ritmo máis lento, pero coa incorporación da educación obrigatoria e gratuita para todos e o nacemento da era industrial…o salto foi xigantesco.

A proba está en que compramos hoxe unha cousa e volvemos a comprala tres ou catro anos despois e xa mellorou moito.

Ninguén pon en dúbida que nestes tempos prodúcense moitos cambios a boa velocidade.
¿Por qué se producen tan rápido?
A min paréceme que estamos nun momento no que TODOS TEMOS GANAS DE AVANZAR, GANAS DE PROGRESAR, GANAS DE MELLORAR…
E contamos con máis medios que nunca, aínda que nos gustaría ter máis.
Eso sempre.

A nosa xeración foi unha xeración de moitos cambios porque fomos unha xeración moi loitadora; pero as seguintes teñen retos moi importantes que superar e confiamos ve-los seus froitos nun futuro máis ou menos próximo.

“UN FUTURO CON GRANDES RETOS”
Este será o título do seguinte artigo.
E mentres tanto, imos indo, imos facendo.
Imos facendo o que podemos cada día un pouco mellor.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES