Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 13 de marzo de 2019
Non todo é perfecto

E agora chegou o momento de contar o que ninguén se atreve a contar. Sempre haberá segredos que quedarán acochados co paso do tempo. Hoxe teño que contar o que non é ningún segredo: que as pingas de orballo que caen desde as herbas máis altas son como as bágoas dos anxos cando estes se che aparecen nun soño. Despois, ti, se es intelixente, xa lle dás forma de conto. E contas como queres, á túa maneira; incluso aquilo que non queres contar. Podes contar ata tres e dicir basta! Ou podes contar o lume que xorde dun corazón que latexa e a felicidade dunhas palabras que alumean. Despois, ti, se es listo, xa escribes o poema ou contas o novela. Sempre haberá segredos que, co paso do tempo, sairán á luz do día porque somos incapaces de Pingas de Orballomantelos dentro. A egolatría adoita ser inmensa no intelecto do ser humano. Temos medo de non ser protagonistas de todo o que nos arrodea. E contamos segredos. E inventamos contos. E escribimos soños. Tamén ás veces cantamos con versos que van e veñen polas épocas que máis non encheron. A felicidade enche. O amor enche. Os sorrisos enchen. Os latexos mancan. Agora teño que rematar co conto que quixen pero que non souben contar. Porque hai seres humanos listos, intelixentes e, si, torpes, ineptos. Non todo é perfecto.

Xa non teño paciencia

Acabo de descubrir unha nova faceta na que noto a idade, o paso do tempo sobre a miña persoa: a de forrar os libros. Que xa non os forro. Cando as miñas sobriñas lean isto botarán as mans á cabeza e abriráselles a boca co pasmo. Elas saben do meu fanatismo polo bo trato ós libros. Tamén o sabía O Relojero de Baños de Molgas, de cando lle mercaba os novelas do Oeste e, ó devolverllas (algo así como unha recompra ou un intercambio, pois, ás veces, ó devolver unhas daba outras) sei que volvía vendelas por novas. Normal, entregáballas impecables. Pois así me pasaba cos libros. Que me doía tanto que se puidesen luxar que non quedaba outra que forralos. Nunca subliñei neles. Nunca os abría de todo, é dicir, en ángulo raso ou plano. Sempre procuraba lelos en 90 graos, ou sexa, en ángulo recto. Creo que agora xa non teño paciencia para pararme a forralos. Porque creo que os forraba ben e levábame o seu tempo, aínda que, ás veces, os remataba nun suspiro. Normal, toda unha vida forrando libros é practicamente coma ser un profesional. Despois remataba apegándolles unha etiqueta co título e autor ou autor e título. Agora, collereinos da biblioteca, non os forrarei, pero sei seguro e prométoo que os devolverei tal cal. Porque os libros son para que todo o mundo poida soñar ou vivir co que contan, sexa ficción, sexa realidade.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES