Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Barrio Sésamo para machirulos

miércoles, 13 de marzo de 2019
Cando vou pola rúa non acostumo a molestar a ninguén. Simplemente, observo distintos xeitos de ser e estar. Ás veces admiro e outras non os comparto pero en ambos casos vivo e deixo vivir. Agora ben, do mesmo xeito que non consinto a violencia física, tampouco podo consentir a violencia verbal. Isto quere dicir por puro civismo temos que aprender a respectar o espazo dos demais e isto introduce o silencio como un recurso educativo e cívico esencial, xa que no silencio vén a igualdade de trato ás persoas.

Padecer unha diversidade funcional quizais nos faga comprender mellor o que significa berrarlle a unha muller pola rúa; pero, hai un matiz esencial, no caso da diversidade simplemente é unha inferiorización ou unha falla de respecto sustentada na ignorancia. Para a muller, en cambio, é unha ameaza que a leva a sentir medo, medo e culpabilidade, cando simplemente fai uso da súa liberdade persoal. Unha democracia avanzada non pode consentir que unha soa muller ande con medo pola rúa, porque sería tanto como admitir que as mulleres están excluídas do sistema. Polo tanto, precisamos atoparnos na educación e na comprensión. O que lle berra a unha muller que non coñece debería poñerse no seu lugar e preguntarse qué sentiría se llo fixeran a el.

O problema no referido á muller é a percepción de propiedade que vai implícita na intencionalidade. Nunca se lle berra cando a muller vai na compaña dun home. Entón, estamos rebaixando á muller e iso o cerne da violencia. Non crer que tal como recoñecen as nosas leis é un suxeito de pleno dereito.

É necesario un activismo por parte dos homes que empece a condenar e rexeitar firmemente as actitudes citadas. Este activismo abre un camiño cara a unha igualdade que temos que construír nas pequenas actitudes do día a día ou farán falla un Barrio Sésamo para machirulos?
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania