Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mª Xosé Porteiro e o arxentino de Sarria

jueves, 13 de diciembre de 2007
María José Porteiro, Delegada da Xunta en Buenos Aires, reuniuse co presidente do Partido Popular español na Arxentina, Avelino García Melle, ó que lle transmitiu a vontade de realizar un verdadeiro traballo institucional nesta Delegación, ó servizo dos galegos na Arxentina.

Estou seguro de que será así.

Eu coñecín a María José Porteiro, en Lugo, xornalistas ambolos dous, cando ela veu presentar o seu libro sobre as primeiras eleccións democráticas en Galicia. Era -é- unha muller forte, comprometida, afervoada, entusiasta.

E coñecín a Avelino García Melle en 1986, cando era presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, despois de ser presidente do Centro lucense, cando se celebrou aquela “Semana de Lugo en Buenos Aires” que organicei para o Concello da capital lucense.

Avelino García Melle, empresario na capital porteña, presentábase como “Arxentino de Sarria”, porque efectivamente era daquela cidade pero os seus antergos procedían do lucense val sarriano.

De galega a galego, seguro que se entenden ben. A pesar das diferencias ideolóxicas. Os dous son entusiastas, e teñen a os galegos transterrados polo medio. Que se entendan, será moi bo para todos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania