Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Sen vós non se move a Igrexa'

martes, 12 de marzo de 2019
O 8-M é un grito pola violencia contra as mulleres e contra a explotación de mulleres na propia Igrexa, hai que recordar que a Igrexa sostéñena as mulleres, pero estan ínfimamente representadas.

A Igrexa necesita ser liberada do machismo, un dos grandes bastiones do patriarcado, na linguaxe, os símbolos, o acceso aos ministerios... Unha Igrexa que frecuentemente esquece, ao interior de si mesma, a práctica liberadora de Jesús coas mulleres, e a comunidade de iguais.

E é que a historia das mulleres na Igrexa ,é unha historia de dominación, pero tamén de liberación?, de mulleres que ?movidas polo espírito de liberdade, abriron grietas no muro do patriarcado, ampliando perspectivas e estilos de vida para mulleres e tamén para homes.

"Jesús non foi machista"
Os 'síes' do cristianismo non son de acatamento. A fe é crítica, móvenos a construír a utopía do Reino de Deus, nin Jesús foi machista, nin a súa salvación foi desta orde. Un Jesús que se achega con respecto, e son elas as que van facilitando a acción liberadora de Deus nas nosas vidas.

Jesús salva, pero non o fai impoñendo, senón contando coas mulleres, e expoñéndose á súa liberdade. Respecta os seus 'síes' e os seus 'nons', a súa relación non é de superioridade. Máis aínda: As mulleres axudan a Jesús a romper os moldes patriarcales do Judaísmo.Poderiamos dicir que Jesús sería hoxe un modelo de masculinidad alternativa.

Somos sacerdotes, que como crentes estamos comprometidos cos movementos de liberación das mulleres, convencidos de que os feminismos non son un movemento de reivindicación contra os homes, senón para poñer fin ao pensamento e a práctica sexista, con indiferenza de que quen o perpetúen sexan mulleres ou homes.

reivindico ás 'mulleres apóstolos', desde María ou María Magdalena, que tamén hoxe fan posible a igualdade. ?¡Que vivan as loitas das mulleres, o 8-M desde MOMAN E LABRADA, XESTOSO-CAMBAS.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES