Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lareira de soños solicita incluir os Frescos dos Vilares na Lista Vermella do Patrimonio

Os Vilares, Lareira de Soños - lunes, 11 de marzo de 2019
Lareira de soños solicita incluir os Frescos dos Vilares na Lista Vermella do PatrimonioA Asociación Socio-Cultural Lareira de soños dos Vilares dirixiuse á Asociación Hispania Nostra, encargada da elaboración da "Lista roja del patrimonio" no estado para que inclúa as pinturas murais do S.XVI dos Vilares na listaxe da vergoña. Descubertas en 1991, o nivel de deterioro está a levar os frescos de estilo gótico hispano flamenco Lareira de soños solicita incluir os Frescos dos Vilares na Lista Vermella do Patrimonio á súa desaparición definitiva dinte da desidia e pasotismo institucional e da igrexa a pesares das numerosas iniciativas, chamadas de atención e reclamacións da Lareira de soños alertando da situación. Seguimos sen compromisos firmes de recuperación para esta xoia artística de incalculábel valor por parte das entidades encargadas de velar polo noso patrimonio mentras que a nosa asociación ten realizado un anteproxecto, levado o problema ao Parlamento Galego, á oficina do Valedor do Pobo, editado dipticos e spot audiovisual, e mesmo incluído as pinturas nos estudos dun master da Universidade da Coruña a finais deste mes.

Diante do silenzo administrativo cómplice da posíbel perda deste valioso elemento artístico chairego, fixemos chegar a información a Hispania Nostra para que este ben patrimonial sexa incluído na listaxe vermella do património do estado como outra medida de alerta que tenda a presionar publicamente á Xinta, Deputación, Concello e Igrexa para que atopen o entendemento para que #SalvemosOsFrescosDosVilares

V SÉCULOS DE NÓS/ FRESCOS DOS VILARES
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES