Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A piedade popular ao Santo Cristo de Goián, Sarria (5)

jueves, 07 de marzo de 2019
Artigo dedicado a D. José Somoza Díaz, párroco da freguesía de San Miguel de Goián (Sarria).

2. Arranxos e obras do exterior e interior do Santuario (2)

A piedade popular ao Santo Cristo de Goián, Sarria (5)2.1. 1827. D. Francisco Antonio Fernández, párroco da freguesía de San Miguel de Goián, outorgou por idoneidade a obra da capela do Santo Cristo a Domingo Arca, que cobrou 10.344 rs. e 45 mrs. Esta cantidade foi aportada do seguinte xeito: 5548 rs. da esmola do Santo Cristo; 1862 rs. da fábrica e confraría do Santísimo. O resto foi abonado coa esmola dos seguintes anos, quedando a débeda satisfeita no ano 1832.

2.2. 1834. O mesmo párroco, segundo acordo veciñal, investiu 917 rs, que o depositario tiña de esmola no seu poder, nas paredes do adro; en derruir unha gran porción de penas contiguas á igrexa; en arrincar pedra para a sancristía; nas ferramentas utilizadas; e, tamén, nos respectivos xornais dos canteiros.

2.3. 1835. Realizaronse obras no adro e na sancristía por un importe de 3538 rs., máis 1700 rs., importe da cantería e mampostería. Foise pagando coa esmola deste ano máis a dos dous anos seguintes.

2.4. 1840. Tribuna, que se construiu na capela do Santo Cristo: 400 rs. Vidriera na sancristía: 30 rs.

2.5. 1847. O párroco susodito mandou ampliar a obra da igrexa, realizando un arco e o coro da capela do Santo Cristo, ao que lle engadiu a sancristía baldosada de madeira, o seu piso, e o faiado.

2.6. 1854. O enreixado e as paredes do adro: 646 rs.

2.7. 1920. Construcción dun par de columnas e unha escalinata de cantería para a entrada ao adro desta igrexa; tamén, a reconstrucción de parte do muro, que circunda ao mesmo: 897 ptas y 90 cts. As dúas portas de ferro, colocadas á entrada do adro: 333 ptas.

2.8. 1923. Mao de obra do pórtico, que se colocou na porta principal da igrexa, construído nos talleres de Daniel Vesada, de Sarria.

2.9. 1925. O carpinteiro desta parroquia, Enrique López, renovou o piso da sancristía. Polos materiais e xornais investidos: 75,50 ptas.

2.10. 1936. Polo encintado da fachada do Santuario e outros arranxos no teito para evitar as augas, utilizáronse seis bolsas de cemento, doce tellas, e a dous albaneles. Custo: 97 ptas e 10 cts.

2.11. 1942. Construcción de 37 metros cadrados de muro fronte á fachada da igrexa e A piedade popular ao Santo Cristo de Goián, Sarria (5)outros arranxos, levados a cabo no resto das paredes do adro: 823,35 ptas.

2.12. 1943. O Santuario aportou 450 ptas., para a construcción dun cruceiro. Éste colocouse coa axuda dos fregueses no novo camiño, que ía ser no sucesivo o itinerario da procesión.

2.13. 1945. Segundo o Libro de Fábrica deste ano, nas obras extraordinarias de ampliación e reconstrucción da igrexa investiuse 8.898,50 ptas.

2.14. 1946. Na construcción da nova sancristía en ábsida, con planta alta e dous arcos máis para a ampliación do templo, investíronse 16.633, 95 ptas., de subvencións outorgadas polo Estado.

2.15. 1947. Construcción dun novo arco abovedado da nave dereita do Santuario; da nova tribuna; das escaleiras; dos materiais de cal, cemento, e madeiras; e do transporte dende Sarria.

2.16. 1956. Obra de ampliación do adro polo seu flanco Leste, consistente na compra do terreo e na construcción dun resistente muro de contención: 26.019, 05 ptas. Costeouse a obra mediante axudas do Estado; da aportación do párroco; e da esmola do Santo Cristo.

2.17. 1958. Colocación de tres remates de granito na torre do Santuario: 1.084 ptas.

2.18. 1960. Tres obras na igrexa. Embovedado da nave principal do templo. Refundición da campá grande cun aumento de 59 kilos de metal. Colocación dunha tapa metálica na torre para sacar as augas. Custo total: 24.365,60 ptas, que se foi sufragando de subvencións do Estado; e de aportacións do párroco e dos fregueses.

2.19. 1962. Faise unha restauración no Santuario, que vai a afectar ao pavimento; á cantería e á madeira; ás escalinatas aos altares; ás portas da fachada; ás dependencias da sancristía; e a electrificación das dúas naves. O custo da obra sufragouse mediante unha subvención de 75.000 ptas., concedida pola Dirección Xeral do Tesouro e Clases Pasivas.

Ao rematar o ano 1984 as contas do Santuario do Santo Cristo de Goián pasanse ao Libro de Fábrica das igrexas de Goián e Vilapedre, non quedando nin remanente nin déficit.

NOTAS:
1. Reflicto algúns dos obxectos que se mercaron nos séculos XIX e XX, e que dende a miña óptica considero como os máis relevantes.
2. Expreso as reformas e obras máis relevantes.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES