Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 06 de marzo de 2019
: Animal de costumes

“O día que queira outra cousa, mándoche un correo electrónico ou bérroche desde a Finca Fierro”, díxenlle ó camareiro que me puxo o café sobre a mesa. Porque, ó entrar, e mentres me sentaba, quedou mirando para min desde a cafeteira para que lle Pingas de Orballoconfirmase se quería café. Eu sempre quero café! Son animal de costumes. Nin auga, nin refrescos nin zumes; son abstemio. Así tamén teño a vantaxe de que, en moitas cafetarías, xusto ó verme entrar pola porta, xa van directos á cafeteira para facerme o café, e non perdo o tempo pedindo ou esperando a que me atendan. Son animal de costumes. Ergo da cama. Vou traballar. Xanto. Fago algo (sexa traballo, sexa lectura). Paseíño pola Valenzá para ler algún xornal máis na biblioteca. Ceo. Escribo. Película. E cama. Así todos os días. O dito: animal de costumes. Politicamente incorrecto. Outros dirían que torto. Futbolisticamente torto. Outros dirían que incorrecto. E sabendo como saben que, antigamente, moi antigamente, o meu gusto era o apropiado para eles, para eses que agora me acusan de torto. Animal de costumes. Ou escribo nos pequenos paniños de papel das cafetarías (cando me coincide escribir neses lugares), ou escribo no portátil na casa (cando o fago logo de cear, que cada vez é máis a miúdo). Porque, agora, nas cafetarías, xa non boto tanto tempo como botaba.

Escaravellar na moral

Felos que veñen e van. Carautas nas caras dos máis cativos. Tempo de Entroido. Nubes no ceo. Cambio climatolóxico ás portas. Coches que pasan coas luces acendidas. Empeza a ser noite. O repartidor dos donuts anda a descargar donuts. Un home cruza por un paso de peóns e un coche espera a que cruce o home. Videoclips na televisión da Pingas de Orballocafetaría. Outro home leva media tarde co periódico aberto e manipulando no móbil. É dicir, que nin le nin deixa ler. Odio a estes paspáns! É que os odio de verdade! Unha cousa é que atendas unha, dúas veces ó móbil, pero outra moi distinta é escaravellar na moral daqueles que nos queremos informar de como vai o mundo. Xa sei que vai mal. Pero quero ler (por min mesmo) que vai mal. Ou quero ler (eu) que a idiosincrasia dun pasmón é igual á idiotez dun badoco. Tamén que a política de tal partido corre paralela ó sapoconcho que cruza a carreira de Bouzas en Baños de Molgas, por exemplo. Aínda que, polo atallo da Finca Fierro, tamén cruzan as tartarugas. Uns vinte minutos parado porque, por fin, o paspán deixou libre o xornal que, eu, tiña a medio ler desde a mañá. Lido o periódico, agora toca saír á rúa para cruzarme con orixinais e fermosos disfraces do Entroido. É tempo de Entroido.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES